domingo, 4 de enero de 2015

XVI SAN SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO 2014

Bo día a tod@s

Gran asistencia con un bo número de participantes, tanto na proba de nen@s como absoluta. Non recordo o ano que tivésemos unha temperatura e clima tan agradable como a desta edición. Así da gusto subir esas costas jeeje...
No referente a carreira, sabendo que mellorei algo, decidín ir de menos a máis conocedor da dureza dos últimos kms de subida e os tobogáns que me resultan complicados.

Saída lenta, xa que fun de primeiro ata o xiro da curva a dereita, frenándome e mirando atrás, nese momento xa chegaron Lalo e JBenito e o resto de grupo como Luis e os que se ía disputar o triunfo da proba.

Obxectivo era chegar nos 20 primeiros clasificados, cumplindo de sobra, entrando no posto 15 con un tempo de 24:33 e acadando o 3º posto na categoría senior.







PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


Un bo xeito de despedir o ano 2014, que me resultou complicado e duro por uns motivos ou outros.
Esperemos que 2015 sexa mellor con saúde para tod@s e que disfrutemos disto que nos fai tan felices.
Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

No hay comentarios: