domingo, 25 de septiembre de 2016

X CARREIRA POPULAR E IX ANDAINA MASIDE - 18 SETEMBRO 2016-

Bo día a tod@s.

Tras 8 meses de inactividade no atletismo, comezamos rodando os 15 km desta carreira , que xa é unha cita obrigada no calendario, fai uns anos.


Sabendo e sendo consciente que non podo corren nin ó 40% das miñas posibilidades, tratei de disfrutar, divertirme e facer a carreira o máis levadeira posible, saindo despacio e controlando tódalas sensacións físicas de inicio e gardando folgos para os últimos 5 km.

Boa participación, aínda que non tanta coma noutras edicións , por mor a coincidencia con outras probas.

Tempo final 1:17:20 acabando enteiro , e listo pra poder empezar a adestrar paso a paso, sen prisa pero sen pausa.



Algunhas fotos da proba...




Un saúdo a tod@s.


No hay comentarios: