sábado, 14 de enero de 2017

XVIII San Silvestre Castrelo de Miño - 31 Decembro 2016-

 Ola a tod@s

Cita a que non se pode faltar,xa un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor especial, xa que veñen sensacións encontradas a cabeza, despois de un ano inactivo, serve para marcar o punto de inflexión, é a volta a adestrar con continuidade.

Boa participación do CD Aurum, pese a organizar o clube a I San Silvestre Ourensá, todo un éxito, por outra banda.

A base pisa forte, e participaron arredor de 14 atletas, nas diferentes categorías, obtendo bos resultados.

Destacar o bo nivel de Furi, e lembrando vellas etapas, fainos sentir en plena xuventude, destapando o tarro das esencias, como ben fixo Furi, colgamos algunha foto de anos anteriores.


Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 31:31 e co premio do chocolate e de empezar un ano novo adestrando.

Para o resto de compañeir@s Aurum, desexo un 2017 de saúde e bos resultados.
PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS



                                             Ano 2010, chegada a meta con Furi, lémbraste?


Un saúdo a tod@s

No hay comentarios: