martes, 17 de octubre de 2023

XVIª CARREIRA POPULAR XVª ANDAINA MASIDE -17 SETEMBRO 2023-

  Bo día a tod@s.


Comezamos con 13,5 km  e pico despois do verán;  unha cita obrigada no calendario, para retomar o pulso e os adestramentos paso a paso. Gran partipación en todas as categorías.

Tempo final 1:10:27 proba rematada , simplemente o obxectivo era rematar e adicarlle esta proba a  Valeria, Dalia e Maite. Posto 18º e rematando a proba como 1º local recollendo o segundo trofeo para ela.

PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS 

 





 

 

CARREIRA DO COUTO CxOU 2023 - 27 MAIO 2023 -

 

Bo día a tod@s.

Segunda carreira do circuito CxOU despois de facer a media de Lugo. Neste caso a carreira do Couto, que sempre procuro correr por ser a do barrio.

Este CxOU está sendo divertido, xa que estamos a facer polo momento todas as carreiras. Agardemos seguir no resto do circuito do mesmo xeito.Tempo final:  00:24:53 posto 77º e  MAM-29, a seguir adestrando e disfrutando.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

domingo, 18 de junio de 2023

V MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO -14 MAIO 2023-

 

Bo día
Quinta edición da Media Maratón Cidade de Lugo celebrada ó 14 de maio de 2023, achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e disfrutar doutra forma das carreiras sen competir a tope deixando atrás a 1.23.30, pero gañando noutras cousas.

Saindo de menos a máis facendo cómodo as 2 voltas con forza e os folgos suficientes para rematar a proba en 1:34:41 cruzando a liña canso pero satisfeito de acadar o obxectivo.