Gran cita que non se pode deixar de participar, e coa mente posta na preparación do maratón, tentar facer 5 km de quecemento, e completar coa carreira en sí, os escasos 8 km.
Logo disto , tocou baixar ata o pabellón acabar de rodar e ducharse, moi bo entreno. Resultado final 31:34, chegando no posto 35º. Felicitar a Eloy que a medio gas, acadou chegar no 12º posto.
O remate da proba, como tódolos anos bo ambiente; chocolate e bica, que prestaba co día de frío e choiva que se nos presentou, en xeral moi ben. A única pega, coma sempre, o retraso na saída, pero en fin ..
Saúdos Aurum
Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.
Recordando como farei sempre a: J.R.I e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón