jueves, 21 de noviembre de 2019

XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO -17 Novembro 2019 -

Bo día a tod@s.

Comezamos unha nova tempada, na San Martiño 2019 , neste caso o punto de partida para adestrar a partir desta proba. Toca recuperar e comezar con adestramentos de calidade, ademáis; boa participación do Clube Deportivo Aurum e bos tempos dos irmáns Torres o cal me alegra moito persoalmente.

Tempo final: 40.12 , sen historia pero contento por disfrutar e toca gastar zapatilla!.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




domingo, 29 de septiembre de 2019

XIIIª CARREIRA POPULAR XIIª ANDAINA MASIDE -1 Setembro 2019 -

Bo día a tod@s.

Comezamos con 15 km  e pico despois do verán;  unha cita obrigada no calendario, para retomar o pulso e os adestramentos paso a paso. Gran partipación en todas as categorías e resaltar o bo facer do CD. Aurum.

Tempo final 1:14:50 proba rematada , simplemente o obxectivo era rematar e comezar a adestrar  novas carreiras para esta tempada 19-20.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


jueves, 11 de julio de 2019

XXXVI CARRERA POPULAR DE LEIRO -7 Xullo 2019 -

Bo día a tod@s

Na xornada do 7 de xullo achegámonos a Leiro; para facer esta fantástica proba nun marco e Concello estupendo. Percorrido de 10 km  que descorre polo pobo e a súa contorna .

Carreira para disfrutar, xa que toca época de descanso no mes de xullo. Tempo final: 36:16 posto na xeral 45º e MASAM-14 º, unha carreira máis a cal tiña ganas de volver. 

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS







 

CARREIRA DO CENTRO CxOU -30 Xuño 2019-

Bo día a tod@s.

Terceira carreira do circuito CxOU, xa en modo relax e sin competir a tope. Neste caso a carreira do Centro cun percorrido de 5,6 km

Este CxOU o tomo de xeito para o disfrute, desta volta sen a compaña de Tito a cal se notou no tramo final. Agardemos seguir no resto do circuito axudándonos mutuamente.Tempo final: 22:07 posto 22º e MAM-9º, a seguir disfrutando deste gran deporte.

Parabéns equipo!!

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

martes, 28 de mayo de 2019

CARREIRA DO COUTO CxOU -25 Maio 2019-

Bo día a tod@s.

Segunda carreira do circuito CxOU despois de facer a media de Lugo. Neste caso a carreira do Couto, que sempre procuro correr por ser a do barrio.

Este CxOU está sendo divertido, xa que estamos a facer polo momento todas as carreiras Tito e eu axundando un ao outro, e se fan máis levadeiras. Agardemos seguir no resto do circuito do mesmo xeito.Tempo final: 22:20 posto 23º e MAM-8º, a seguir adestrando e disfrutando.

Parabéns equipo!!

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


 

miércoles, 15 de mayo de 2019

III MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO -12 Maio 2019-

Bo día
Terceira edición da Media Maratón Cidade de Lugo celebrada ó 12 de maio de 2019, mesmo percorrido que na 2ª edición que consta de 3 voltas de 7 km máis a cola de meta.
Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e mellorar os resultados das medias realizadas durante esta tempada. E tentar igualar o tempo do ano pasado sendo consciente de que o volume de adestramentos foi inferior pero con boas sensacións.

Saindo de menos a máis facendo cómodo as 3 voltas con forza e os folgos suficientes para rematar a proba en 1:23:32 cruzando a liña canso pero satisfeito de acadar o obxectivo.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS





jueves, 9 de mayo de 2019

CARREIRA DO VINTEÚN CxOU- 5 Maio 2019-

Bo día.
Comezamos o circuito co obxectivo de seguir os adestramentos ata chegar ó 12 de maio, gran participación do equipo Aurum e gran axuda de Tito na durante a carreira que nos serviu a ambos para ir en progresión de menos a máis.Tempo final 22:57, parabéns ao equipo.
 
PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




sábado, 27 de abril de 2019

II MEIA MARATONA MATOSINHOS -14 Abril 2019-

Bo día.

Desta volta con ganas de percorrer Matosinhos e as freguesías de Leixoes durante os 21 km da mesma con niveles de dureza polo perfil da proba e a climatoloxía dese día.

Finalmente, o fin desta carreira era afinar e ir collendo sensacións  e voltar a competir para o obxectivo de maio, sendo importante facer algunha proba e non só adestrar. Tempo final 1:30:06.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




jueves, 21 de febrero de 2019

IX CARREIRA DO COCIDO -LALÍN -17 Febreiro 2019-

Bo día.

Proba especial e bonita de disputar, despois de varias tempadas sen poder asistir por coincidir con outras.
Desta volta con ganas de percorrer Lalín durante os 10 km da mesma con diferentes graos de dureza pola zona do parque e o paseo, ademáis das subidas desde o km 7,5. 

Finalmente, o fin desta carreira era afinar e ir collendo sensacións para o obxectivo de maio, sendo importante facer algunha proba e non só adestrar. Tempo final 39:39.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS





viernes, 4 de enero de 2019

XX S.SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO -31 Decembro 2018-

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor especial, xa que se celebrou a 20 edición da proba e con modificacións no percorrido; sendo 2 voltas de 4 km.
 
Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 31:20 e desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo.

Feliz 2019 CD Aurum.