domingo, 12 de enero de 2020

27 SUBIDA COSTIÑA DE CANEDO -1 Xaneiro 2020-

Bo día

Proba para comezar o ano dun xeito deportivo sendo especial por poder subila na compaña de Maite co simple obxectivo de disfrutar do día a tope en familia. Nun percorrido de 4,2km plenos de subida...

Que este 2020 sexa un ano de saúdo e práctica deportiva para tod@s!

 Tempos finais:  Maite 37:00 e Juan 25:05 .








XXI S.SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO -31 Decembro 2019

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor diferente polo sucedido nestas datas de Nadal. Percorrido de 3 voltas de 2,100m cada unha sendo un perfil sinxelo e rápido sen maior dificultade.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 24:41 e desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo. 

Feliz 2020.

XI CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO - 29 Decembro 2019-

Bo día.

Unha clásica nas datas de Nadal achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro.
O obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto.

Tempo final 42:30, a seguir afinando e adestrando, paso a paso. Algunhas fotos...