lunes, 31 de diciembre de 2018

X CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO -23 Decembro 2018-

Bo día.

Unha clásica nas datas de Nadal achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro.

Percorrido esixente , xa que descorre polos parques e paseos da vila, onde hai partes adoquinadas, pontes de madeira, e repechos perigosos.

Finalmente, o  obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto.

Tempo final 41:11, listo pra seguir adestrando. Algunhas fotos...

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




 Saúdos Aurum!!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO -18 Novembro 2018-

Bo día a tod@s.

Comezamos unha nova tempada, na nosa San Martiño 2018 , carreira que xa é unha cita obrigada no calendario, para a comunidade atlética.

Consciente que non podo corren a tope das posibilidades, polo momento, tratei de disfrutar, divertirme e facer a carreira o máis levadeira posible, saindo gradualmente de menos a máis rematando o último sector da proba con boas sensacións.
Toca recuperar e coemzar cos adestramentos de calidade, ademáis; boa participación do Clube Deportivo Aurum e foto oficial  co que foi unha fantástica xornada.


      Foto: Tito Picouto

Un saúdo .

martes, 11 de septiembre de 2018

XIIª CARREIRA POPULAR XIª ANDAINA MASIDE -2 Setembro 2018-

Bo día a tod@s.

Comezamos con 15 km despois do verán;  unha cita obrigada no calendario, para retomar o pulso e os adestramentos paso a paso.

Boa participación,xa que desta volta non cadrou con máis probas nesta data do 2 de setembro.

Tempo final 1:19:07 proba rematada , simplemente o obxectivo era ese e listo para comezar a adestrar  novas carreiras para esta tempada 18-19.





Un saúdo.

sábado, 16 de junio de 2018

VII Eurocidade 10 -10 Xuño 2018-

Bo día a tod@s
Sétima edición dunha proba que sempre me gusta participar. Tui - Valença  celebrada o 10 de Xuño de 2018, percorrido urbano  e polos parques da contorna, ademáis da ponte mítica que une as dúas cidades.
 Sendo o comezo da carreira de gran dureza, por saír os 2 ou 3 primeiros km en pendente e por dentro da muralla da fortaleza de Valença.

Tempo final: 38:24 posto na xeral 17º e VTAM-8º , un día para disfrutar e empezar a sentirme cómodo nos 10.000m.

sábado, 2 de junio de 2018

CARREIRA DO COUTO CxOU -26 Maio 2018-


Bo día a tod@s.

Segunda carreira do circuito CxOU despois de facer a media de Lugo, sabendo que se compón de probas rápidas. Neste caso a carreira do Couto, que sempre procuro correr por ser a do barrio.

Tres voltas de moita rapidez regulando no tramo final para poder chegar enteiro a costa de Dalí. Tempo final: 22:45 posto 39º e VTAM-15º, a seguir adestrando e disfrutando.

Parabéns @s compañeir@s de equipo


PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS.

jueves, 17 de mayo de 2018

II MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO -13 Maio 2018 -

Bo día

Segunda edición da Media Maratón Cidade de Lugo celebrada ó 13 de maio de 2018,desta vez percorrido modificado para realizar 3 voltas de 7 km máis a cola de meta.

Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e mellorar os resultados das medias realizadas durante esta tempada.

Saindo de menos a máis facendo cómodo as 3 voltas con forza e os folgos suficientes para rematar a proba en 1:23:26 cruzando a liña de meta no posto 70º, saúdos a tod@s.

sábado, 5 de mayo de 2018

X CARREIRA DE MONFORTE - 29 Abril 2018-

Bo día a tod@s
Unha carreira popular para disfrutar e co obxectivo de afinar e ir competindo decentemente para chegar a MM de Lugo en forma aceptable.Tempo final 27:08

Proba na que Maite segue a súa xeira de progresión día a día e baixando o ritmo de carreira pouco a pouco. Tempo final 38:52, parabéns campiona.


PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

sábado, 28 de abril de 2018

CARREIRA DO VINTEUN -22 Abril 2018-

Bo día a tod@s

Achegándonos para disfrutar desta carreira co obxectivo de coller chispa e saír da zona de rodaxes cómodos.Gran participación C.D. Aurum tanto da proba absoluta como nas diferentes categorías xunto ca E.M. Triatlón.

Ademáis Maite segue a mellorar proba a proba enganchándo unha boa xeira de participacións en diferentes carreiras.

Parabéns a tod@s.

domingo, 15 de abril de 2018

XIX MEDIO MARATON VIG-BAY - 8 Abril 2018-

Bo día a tod@s
Proba na que desde 2002 non voltara a participar, e foi unha sensación especial disfrutando km a km desta fenomenal proba e percorrido.
O obxectivo de rodar e seguir sumando kilómetros, coller boa dinámica e levar un ritmo máis regular que nas últimas semanas para tratar de chegar decente a maio para a II edición Medio Maratón de Lugo.
Tamén participaron por parte do clube Furi, que foi ata o km 12 conmigo e Fernando.
Tempo final, 1:28:30, obxectivo acadado e agora toca encadear 4 semanas boas e duras de adestramento.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADO



jueves, 8 de marzo de 2018

MMARATÓN CARBALLIÑO - 4 Marzo 2018 -

Bo día a tod@s

Proba estupenda celebrada o 4 de marzo de 2018 no Carballiño, un circuito de 3 voltas de 7 km, con un grao de dureza considerable.

Achegándonos para disfrutar desta carreira co obxectivo de rodar e seguir sumando kilómetros e coller boa dinámica, atopándome neste último mes e medio con intermitencias por mor das recaídas musculares.

Na carreira de 7 km correron Ramsés, Tito e Paula, por outra banda nos 21 km co equipo Ouren-Sanos formado por: Sonia Teijeiro, Juan Otero, Javier, Miguel Anxo, Furi e un servidor.

Na 1º volta controlando, dosificando, pasando algo mal na segunda e completando os 14 km en 59 min e xa na última de menos a máis finalizando a proba en 1:29:15. Finalmente acadamos o 2º posto por equipos.

Ademáis Maite segue coa súa progresión e adestramentos, realizando a proba de 7 km en 41:07. Parabéns compañeir@s.








viernes, 16 de febrero de 2018

CAMPIONATO GALICIA CAMPO A TRAVÉS -4 Febreiro 2018-

Bo día a tod@s

Cita na que se debe participar, xa que organiza CD Aurum, un marco estupendo na Área Recreativa da Veronza en Ribadavia, que merece a pena calzarse as zapatillas de cravos e disfutar deste marco fantástico.
 No referente o cros, o obxectivo individual era ir progresando e sentir a dureza da proba, coa meta de poder rematar e ir sumando km e poder ir gradualmente de menos a máis.

Os compañeiros que participaron por parte do clube foron: Elpidio,Furi, Jacobo, Patrick e Javier, ademáis de un servidor.

Tendo de referencia o tempo de fai 2 anos, era prácticamente imposible mostrar ese nivel físico, pero pouco a pouco se vai conseguindo recuperar boas sensacións e retomando os adestramentos, aínda que estes días con intermitencias a nivel muscular e microfibrilar na perna esquerda.

Parabéns a todos.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS



viernes, 19 de enero de 2018

IX CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO -7 Xaneiro 2018-

Boa tarde   a tod@s.

Unha clásica nas datas de Nadal,achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro. Gran representación do equipo Aurum.

Saindo de menos a máis pero regulando o esforzo, xa que  sair da rotura toca ir paso a paso.

Percorrido esixente , xa que descorre polos parques e paseos da vila, onde hai partes adoquinadas, pontes, e repechos xeitosos.


Finalmente, o  obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto

Tempo final 42:34, listo pra seguir adestrando.Felicitar a todos os   C.D. Aurum, parabéns a tod@s por ese 2º posto por equipos.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunhas fotos...



jueves, 4 de enero de 2018

XIX “SAN SILVESTRE” CASTRELO -31 Decembro 2017-

 Ola a tod@s

Un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor especial, xa que veñen sensacións encontradas a cabeza, despois da lesión no provincial de San Cibrao.

Boa participación do CD Aurum, destacar o bo nivel de Furi, e lembrando vellas etapas, fainos sentir en plena xuventude.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 26:29 e co premio do chocolate e de empezar un ano novo adestrando.

Para o resto de compañeir@s Aurum, desexo un 2018 de saúde e bos resultados.

                                           Amodiño que hai empezar paso a paso