miércoles, 15 de enero de 2014

PROVINCIAL CROSS RIBADAVIA -12 XANEIRO 2014-

 Bo día a tod@s

Un cross Provincial con moito estilo, algo fantástico xa que o organizou o noso clube, o sábado subimos ata Ribadavia a marcar o percorrido, unhas boas risas sen descoidar o traballo, en boa compañía.

Gran traballo de Club Deportivo Aurum tanto fora de circuito coma no cross, desde o primeiro o último integrante do mesmo.¡ Parabéns xente , bo traballo !

 No que se refire o puramente deportivo salientar que os crosses fanse moi longos, e máis o ser de 8km, dende a miña experiencia, sabía que tiña e debía sair co freno de man tirado, para reservar nas últimas dúas voltas, co obxetivo de non lesionar nada do traballado e recolocado nos días anteriores.

Polo que, tomando de referencia a caras coñecidas, e a Furi compañeiro de equipo, decidin afloxar na segunda volta, pero a partir de ahí me atopei moi cómodo coa técnica de carreira fluída, así subin o ritmo, acabando na liña de meta moi forte cun tempo de 32: 52 , contento, e satisfeito, de novo parabéns AURUM

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS 

Destacar que estreamos a noca equipación, moi chic a par que elegante, a nova dourada do Aurum.






Saudos Aurum.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón