sábado, 15 de julio de 2017

I edición do Medio Maratón – O Gran Camiño - 9 Julio 2017-

Bo día a tod@s

Este fin de semana do 9  de xullo, achegámonos as localidades de Arzúa e o Pino ; para participar neste primeira edición dunha etapa integra do Camiño de Santiago. Marco  estupendo polo bosques e camiños de Arzúa e remate da proba no Pino. Percorrido de 21 km de perfil duro, subidas e fortes repechos, o cal se fixeron algo largos .

Desta volta sendo o único Aurum,carreira para disfrutar, xa que estou en época de descanso nos meses de xullo e agosto. Facendo a maior parte do percorrido en solitario e sendo das poucas veces que vou disfrutando da paisaxe e ánimos dos centos de peregrinos que tiveron un comportamento exemplar.

Tempo final: 1:32:11 posto na xeral 52º e senior 15º, unha carreira  a cal tiña ganas de inaugurar.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




Un saúdo.