domingo, 15 de abril de 2018

XIX MEDIO MARATON VIG-BAY - 8 Abril 2018-

Bo día a tod@s
Proba na que desde 2002 non voltara a participar, e foi unha sensación especial disfrutando km a km desta fenomenal proba e percorrido.
O obxectivo de rodar e seguir sumando kilómetros, coller boa dinámica e levar un ritmo máis regular que nas últimas semanas para tratar de chegar decente a maio para a II edición Medio Maratón de Lugo.
Tamén participaron por parte do clube Furi, que foi ata o km 12 conmigo e Fernando.
Tempo final, 1:28:30, obxectivo acadado e agora toca encadear 4 semanas boas e duras de adestramento.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADO