viernes, 4 de enero de 2019

XX S.SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO -31 Decembro 2018-

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor especial, xa que se celebrou a 20 edición da proba e con modificacións no percorrido; sendo 2 voltas de 4 km.
 
Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 31:20 e desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo.

Feliz 2019 CD Aurum.
 

lunes, 31 de diciembre de 2018

X CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO -23 Decembro 2018-

Bo día.

Unha clásica nas datas de Nadal achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro.

Percorrido esixente , xa que descorre polos parques e paseos da vila, onde hai partes adoquinadas, pontes de madeira, e repechos perigosos.

Finalmente, o  obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto.

Tempo final 41:11, listo pra seguir adestrando. Algunhas fotos...

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




 Saúdos Aurum!!