martes, 30 de abril de 2013

II C.P. RIBAS DE SIL - 28 ABRIL 2013 -

Despois duns meses parado, pouco a pouco hai que recuperar o pulso de ritmos, e resistencia co paso dos kilómetros. Primeira vez que participo nesta carreira, e certo é, que trataron moi ben a todo o mundo.

No que respecta a carreira, un bo número de participantes, carreira rápida, con perfil con bastante costas e duro polo tema de pedras na calzada e pola beira da vía do tren.

Saín conservador xa que o 1º que hai que facer e correr de menos a máis, logrando enlazar co grupo de cabeza e facendo sectores da carreira por debaixo de 3,50, que xa e moito pedir con só 2 semanas de entrenos.

Posto final 24º logrando na miña categoría entrar de 6º, con 26:06 nunha distancia aproximada según a organización de 6,4km pero nogps deume entorno os 6,6 km; se cadra estando ben facia podio, jaja; pero moi contento por como acabei e agora pensando en chegar a Ferreirúa ben pra facer o Medio maratón.




Saudos Aurum.


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón