martes, 6 de marzo de 2012

1º TROFEO CLUB AURUM 10.000m MONTERREI 4 MARZO

Continuando a xeira , un domingo máis, nas pistas de atletismo en Monterrei, sen ningún tipo de excusa xa que o noso clube organizaba o evento, así era deber ser ben agradecidos e participar neste 10.000m, aínda sabendo de antemán que a pista non é o meu terreno pra facer as mellores probas. Boa participación dos Limiactiva, Academia , Esprintes, etc; sendo nos o único clube que non chegou a 4 compoñentes, vamos ter que empezar a tirar das orellas pra que nas vindeiras carreiras a xente se anime a participar jeje, coma sempre os que nunca fallamos Alfredo e Lalo , ainda que desta vez o xefe de filas tivo que exercer outras labores e so competimos "Furacán" , Orlando, e eu, fantasticos os 3 ainda que personalmente non cumplin o obxectivo de facer 38 min, pero acabei con boas sensación, un saudo compis de equipo!.


Agradecer coma sempre a Maite que esta en todas,chova, neve ou quente o sol, ademáis de animarse a formar parte do clube próximamente e probar sorte lanzando peso, finalmente recordar a J.R, xa que non hai carreira que o concluíla non lembre mirando o ceo esa persoa que foi moi especial o longo da vida.