martes, 19 de junio de 2012

1º EUROCIDADE TUI-VALENÇA DO MINHO- 17 JUNIO 2012-

1ª edición, e moi boa sensación, organización excelente, bos vestuarios con duchas, gran número de participantes case 500 rematamos a proba, bo clima, con sol ata o remate da proba.

 Resultou ser unha carreira pra disfrutar sen todavía ir a tope, facendo a primeira parte dos 10 km suave e a partir do 5 km dando xa caña, sen dolor , sen molestias , acabando a carreira con moita forza, en resumo xa podo decir que estou recuperado case o 100% , tendo en conta o perfil da carreira , xa que en Valença era todo subir por adoquin con moito desnivel e bordeando toda a muralla, finalmente entrando na meta en 39 min pelados rematando no posto 40º e na categoría 13º.













































Non hai palabras pra describir o que é ter sempre o teu lado a persona que máis queres no mundo, gracias Maite

Sen olvidar que tódalas carreiras me lembro e as corro en recordo de J.R.I.