jueves, 16 de mayo de 2013

XII MEDIO MARATON FERREIRUA 12 MAIO 2013

Pra estar desde o mes de Febreiro parado sen competir, e tentando recuperar ben a lesión, achegamonos ata unha cita bonita no calendario, xa que tanto o trato os participantes como acompañantes é de bo agrado.

Polo que sempre que podo, tento facer esta carreira, o obxectivo era acabar ben, sen dolor, e coa sensación de ir de menos a máis.

Obxectivo cumplido con creces, xa que na segunda volta da carreira me atopei moi cómodo e xa deixei de reservar, entrando na liña de meta en 1h 30 min , polo que moi contento e mellor do que pensaba. Acadando o 12º posto na categoría correspondente.

Tamén participou Lalo,  camarada do Aurum facendo en estupendo tempo 1h 23min 53sg, noraboa compañeiro, mostrando un estado de forma moi bo o longo desta temporada. Conseguindo o 4º posto da categoría correspondente.








Saudos Aurum.


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón