Carreira fantástica, cita mítica do calendario pola datas de Nadal, que non se pode perder.
Por outra banda, recuperando sensacións despois de tratar de recuperar o sacro ben, e polo menos xa conseguín ir a ritmo decente, aínda que todavía me costa un mundo, pero adestrando tentaremos estar en breve correndo a ritmos bos.
Gran participación do Aurum con Eloy, Lalo , Furacán, e eu entre outros, isto cada día funciona mellor, jeje, proba bañada en auga, pero así nos refrescamos todos.
Tempo final: 33:03 rodando xa a 3,54 de media e algún parcial que dei feito a 3.38 detrás de Lalo, seria como moito 2,5 km, pero bueno algo é algo. Posto final M- 71 e SNM- 39
Satisfeito pero toca seguir mellorando e acadar ritmos de 3,48 e 3.50.
Saúdos Aurum
Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.
Recordando como farei sempre a: J.R.I e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón
No hay comentarios:
Publicar un comentario