Unha data tradicional do calendario, o final un bo número de participantes , case 300, e con boa sensación, collendo pouco a pouco o punto. Gran participación do Club Deportivo Aurum , sendo un dos equipos con máis atletas achegados a esta proba.
Clasificado no 18º posto na xeral, facendo un tempo final de 28:20, empeorando un chisco o resultado de 2011, xa que daquela foran 27:56. Pero para empezar a afinar non está nada mal. Bo xeito de despedir o ano.
E xa que en Castrelo non tocou viño , paramos na miña bodega a tomar unha taza; Patricio, Nicolás, Mario, Orlando e compañia, os demáis non quixeron viño, polo que o resto tivemos que facer o esforzo de repetir jejeje.
Mario, Eu, Orlando, Lalo, Nico e Patricio,
Saúdos Aurum e bo ano para tod@s.
Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.
Recordando como farei sempre a: J.R.I e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón
No hay comentarios:
Publicar un comentario