viernes, 19 de enero de 2018

IX CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO -7 Xaneiro 2018-

Boa tarde   a tod@s.

Unha clásica nas datas de Nadal,achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro. Gran representación do equipo Aurum.

Saindo de menos a máis pero regulando o esforzo, xa que  sair da rotura toca ir paso a paso.

Percorrido esixente , xa que descorre polos parques e paseos da vila, onde hai partes adoquinadas, pontes, e repechos xeitosos.


Finalmente, o  obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto

Tempo final 42:34, listo pra seguir adestrando.Felicitar a todos os   C.D. Aurum, parabéns a tod@s por ese 2º posto por equipos.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunhas fotos...