martes, 13 de diciembre de 2016

XV CARREIRA PEDESTRE NADAL - CTO. PROVINCIAL 10KM RUTA - 11 DECEMBRO 2016 -

Boa día a tod@s.

Gran cita atlética, xa unha clásica nas datas previas ao Nadal, e persoalmente unha proba que me encanta correr, e disputar si se pode. Este ano era algo diferente, xa que debía regular e dosificar esforzo, para chegar forte o tramo final e últimos repechos.

O adestramento das semanas previas, deu seu froito, xa que me sentín cómodo en todo momento, sen chegar a fatiga total. Desenvolveuse dun xeito moi bonito, xa que saimos todos os do equipo xuntos, facendo grupeta, e levando un ritmo uniforme; Lalo, Javier, Ramsés e eu, toda a carreira xunta ata os últimos kms.

Tamén Furi, que sempre foi cómodo e máis adiante deste grupo máis numeroso, facendo un gran tempo.

No tramo final , nos distanciamos algo Ramsés e eu, co único obxectivo de baixar dos 40 min, que no meu caso despois de moitos meses sen adestrar e competir, unha vez xa pasaron 2 meses de reaxuste e volta a adestrar, era o tempo máis realista para acadar.

Finalmente se conqueriu o obxectivo, tanto Ramsés, Javi, Lalo e eu mesmo, facendo fincapé na canteira que está pisando forte, e Eloy que volve a rendir a un gran nivel.

Felicitar a todo o equipo de C.D. Aurum e tamén resaltar o bo tempo de Susana, parabéns a tod@s.

Tempo final 39:32 acabando forte , e listo pra seguir adestrando; sen prisa pero sen pausa.
PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunhas fotos da proba...






Un saúdo a tod@s