martes, 18 de diciembre de 2012

XI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL SAN CIBRAO 2012 - 16 DICIEMBRE-

Carreira fantástica, cita mítica do calendario pola datas de Nadal, que non se pode perder.
Por outra banda, recuperando sensacións despois de tratar de recuperar o sacro ben, e polo menos xa conseguín ir a ritmo decente, aínda que todavía me costa un mundo, pero adestrando tentaremos estar en breve correndo a ritmos bos.

Gran participación do Aurum con Eloy, Lalo , Furacán, e eu entre outros, isto cada día funciona mellor, jeje, proba bañada en auga, pero así nos refrescamos todos.

Tempo final: 33:03 rodando xa a 3,54 de media e algún parcial que dei feito a 3.38 detrás de Lalo, seria como moito 2,5 km, pero bueno algo é algo. Posto final M- 71 e SNM- 39


Satisfeito pero toca seguir mellorando e acadar ritmos de 3,48 e 3.50.

Saúdos Aurum










Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.


Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

jueves, 22 de noviembre de 2012

FOTO OFICIAL




CLUB DEPORTIVO AURUM 2012-13

 

PARABENS  A TOD@S , ARRIBA E FORZA AURUM.

martes, 20 de noviembre de 2012

SAN MARTIÑO 2012 - 18 NOVEMBRO -

Un día fantástico, xa que fixemo-la foto oficial de Club Deportivo Aurum; gran número de participantes, éxito, de record, polo demáis, carreira non moi boa no que respecta ao tempo, pero si genial, en canto a sensación de estar recuperado e ir moi cómodo, agora sólo queda porse a punto, sen prisa pero sen pausa.

Facendo o 1º paso polo km 5 en case 23 min , pero logo recuperando e chegando a alcanzar entre 3, 40 e 3, 50 os sectores do ultimo 5 mil.

Noraboa a todo Aurum en conxunto, facendo fincapé coma sempre en agradecer a Maite, que en breve participará na 1º carreira.

Señalar que hai que recuperarse ben, esto é con todo o cariño para Orlando, facer un pequeno descanso e despois volver entrenar con cabeza, ¡ xa sabes que no que poida axudar che axudo !











Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.


Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

martes, 30 de octubre de 2012

MARATONA PORTO - 28 OCTUBRE 2012 -

Por 1º vez na miña vida , casi abandono unha proba, pero en fin, cousas que pasan ,e algunha vez tiña que ser a primeira. De todo se aprende tamén, agora toca recuperarse das lesións e volver intentalo en Abril na Coruña. Espero e desexo, poder ter ben a cadeira e a espalda pra esa proba, e que me respeten as lesións.

Non todo vai ser negativo, o positivo disto foi a compaña, xa que fomos 4 compoñentes do Aurum , Maite, algo xa que non ten palabras pra describilo, Nico e Orlando, sen olvidar tamén a Ana e Xisela , as tres féminas apoiaron e coidaron de nós todo o fin de semana, OBRIGADO.

Felicitar a tod@s, menos a min, xa que non cumplin co previsto, pero Orlando acadou un moi bo resultado mellorando 10 min , do 1º maratón que fixo, e Nico que se estrenaba e cumpliu máis que ben, fantástico.



Parabéns Orlando, moi boa proba, Nico moi bo estreno.

Agradecer a Maite, coma sempre o fago, é a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

miércoles, 10 de octubre de 2012

A CORUÑA 10 - 7 OCTUBRE 2012-

Para ser de novo a toma de contacto, aínda que coa microrotura no xemelo, era consciente de non arriscar, xa que a vista esta posta no Maratón de Oporto, e xa non queda apenas nada de tempo.

Polo demáis, gran número de participación , éxito ata o de agora, case 3 mil personas, gran día, cun bo tempo, facendo algo que xa é habitual, cando esta bo tempo me ducho na praia, esperemos seguir así nas próximas edicións.

Sendo unha carreira pra disfrutar e olvidarme do tempo, nin dos ritmos, facendoa de xeito popular, resultado moi discreto jeje, facendo 40 min , entrando entre os 200 primeiros participantes.

Sen nunca perder de vista o Maratón , e facendo parte da carreira detrás de Rojo, que xa facia tempo que non coincidia con él, e do que me alegrou volver a velo.

Finalmente agradecer a compañia de Maite coma sempre , pasando un estupendo día.

Recordando a JR.I como Deus manda, e tamén a D.P.H .

Saúdos.

lunes, 3 de septiembre de 2012

VI CARREIRA POPULAR - V ANDAINA MASIDE - 2 SETEMBRO- 2012

 Para comezar o entreno en xeral , é a carreira perfecta, pero antes de nada, quero felicitar a Maite , xa que participou na andaina, e por extensión o seu debut no Club Deportivo Aurum, destacando a súa gran actuación nesta proba, ¡¡¡felicidades e noraboa!!!, non sabes o contento que estou.

En canto a proba da carreira non hai moita historia, despois de case 20 días de descanso , esto supoñía a toma de contacto, enfocando a preparar Maratón do Porto, tempo final 41:28 acadando a posición 17º.

Coma farei por sempre,  recordando especialmente a J.R.I  e o meu amigo D.P.H.

Saúdos Aurum



lunes, 30 de julio de 2012

A PONTE - 27 JULIO 2012 -

Despois dunha semana de descanso, vacacións polo 30 cumpleanos, ben merecidas, decidimos achegarnos ata esta proba. Ainda falto de series e entrenos de calidade, pero con enerxías renovadas e psicolóxicamente case a tope.

Saín a primeira a volta a un ritmo alto, canda Lalo, e completámola en 5,45 min, na segunda xa tiven que manter e afloxar , pra poder chegar na derradeira volta en condicións, aínda así, rematei a proba con moi boas sensacións, tanto físicas como mentalmente.

Agora toca comezar o entreno, e preparar próximas probas.
Tempo final 18.30 rematando na xeral na posición 36º e na categoría 14º.

























Agradecer a Maite o que non se pode decir con palabras.

En memoria de  J.R.I  como sempre fago , tendo un recordo especial  por D.P.H.

Saúdos Aurum.

martes, 3 de julio de 2012

NOCTURNA CORPUS - 30 JUNIO 2012

Unha proba pra tentar recuperar a sensación competitiva logo do descanso, ainda que falto de series, solo entrenos suaves e rodadas, non foi tan mal a cousa notandome moi ben do pe e sen a penas molestias.
Toca empezar o mes de julio cun entreno progresivo e pra agosto meter caña.
Resultado: 26:38 a ritmo de 3:49 acadando a posición 36º  e 14º na miña clasificación.





















Coma sempre agradecer a Maite a súa presencia que este ano leva unha chea delas, gracias por ser así.

 Desta volta o que menos importaba era o tempo e o resultado senón adicarlle a chegada a meta , a alguén moi especial que xa non está entre nos, xa que a vida as veces é inxusta.

Non teño irmáns, pero esta familia é o máis parecido ou próximo a sentir a sensación de que o son, por desgracia xa se foi un deles, vai por ti AMIGO donde queira que estes. En memoria de D.P.H.

Lembrando coma sempre farei a J.R.I.

Agora con doble motivo pra seguir entrenando e progresando pra próxima temporada, saudos AURUM .

martes, 19 de junio de 2012

1º EUROCIDADE TUI-VALENÇA DO MINHO- 17 JUNIO 2012-

1ª edición, e moi boa sensación, organización excelente, bos vestuarios con duchas, gran número de participantes case 500 rematamos a proba, bo clima, con sol ata o remate da proba.

 Resultou ser unha carreira pra disfrutar sen todavía ir a tope, facendo a primeira parte dos 10 km suave e a partir do 5 km dando xa caña, sen dolor , sen molestias , acabando a carreira con moita forza, en resumo xa podo decir que estou recuperado case o 100% , tendo en conta o perfil da carreira , xa que en Valença era todo subir por adoquin con moito desnivel e bordeando toda a muralla, finalmente entrando na meta en 39 min pelados rematando no posto 40º e na categoría 13º.













































Non hai palabras pra describir o que é ter sempre o teu lado a persona que máis queres no mundo, gracias Maite

Sen olvidar que tódalas carreiras me lembro e as corro en recordo de J.R.I.

martes, 29 de mayo de 2012

CARREIRA DO COUTO - 26 MAIO 2012-

Como xa dixen , as veces é mellor quedar na casa, e non correr, tempo atrás, desde A Merca fun arrastrando e arrastrando chegando A Ferreirúa con moito dolor, pero claro, xogas en casa e decides baixar a correr, primeira volta ben aguantando con Orlando, segunda tiven que baixar ritmo por causa do adoquinado e terceira como se pudio, agora junio de relax e haber pra julio se estou en forma sen dolor, tempo final 20:58 chegando no posto 38º e na miña categoría 11º.













































Saúdos Aurum.
 Este día resultou moi especial recordando a J.R.I.
Gracias  Maite

martes, 15 de mayo de 2012

XI MEDIA MARATÓN FERREIRÚA -13 MAYO 2012-

A Pobra do Brollón, Ferreirúa, lugar estupendo para correr 21 km, con un bo día, boa compaña coma sempre de Maite , que non faría nada, sen o seu  ánimo en tódalas carreiras. Gran número de participantes , tanto na proba de 9,3 km como no medio maratón. Sabía que tiña o pé esquerdo tocado, saín a bo ritmo canda os irmáns Espiña dos Esprintes, pero cando todo parecia apuntar a que non ía ter dolor, o paso pola segunda volta, apareceu, pero bueno, aguentei como puiden e finalizando cos dentes apretados.

Tempo final: 1:30 , finalizando na miña categoría 5º , unha magoa , xa que se fixera o tempo previsto acadaría o 3º posto polo menos, pero din o que puiden, xa que cando se esta así e mellor non correr, pero intenteino, o bo disto, o churrasco do final disfrutando dunha estupenda compaña e dun paisaxe fantástico.

Un saúdo a todos.



































Gracias Maite, en recordo de J.R.I

martes, 8 de mayo de 2012

XXI C. P. A Merca - 6 MAIO 2012

Carreira estupenda, bo ambiente, bo clima, perfil duro xa que constaba de 2 voltas de 5 km con baixadas moi pronunciadas e subidas, gran participación , e no referente o Aurum 6 participantes, cada día vai mellor a cousa.

Resultado final de 39:32 entrando a meta no posto 26, finalizando na clasificación senior 8º , unha magoa non poder rebaixar 1 minuto, pero resultoume imposible, xa que o pé esquerdo teño moi tocado e inflamado, fixen o que puiden.

Agora toca descansar e intentar recuperar pro Medio-maratón de Ferreirua, haber se dou chegado en boas condicións.


















Agradecer a Maite os seus coidados xa que sen a súa axuda habería moitas carreiras que non daria acabado, fundamental, moitas gracias de corazón.

martes, 24 de abril de 2012

CARREIRA DO VINTEÚN - 22 ABRIL 2012

Carreira sen historia, simplemente había que ter a cabeza, non salir a tope, polo que ir a ritmo de 3.49 esta máis que de sobra, tendo en conta que había que recuperar do Maratón de Coruña .

 Boa participación , case 500 participantes, e no que se refire o Club Deportivo Aurum, xa imos sendo cada vez máis.




























Chegada a meta en 22:54 finalizando no posto 13º senior e 41º general, acompañado de Orlando que fixemos a carreira xuntos , así mellor.

Saúdos a tod@s compis do Aurum.
Gracias Maite, carreira en recordo de J.R.I.


miércoles, 18 de abril de 2012

I MARATON CORUÑA - 15 ABRIL

 Maratón de A Coruña celebrado nun mal día, climatolóxicamente falando, moito vento (máis do que sopla normalmente na Coruña), e granizo unhas pedras xeitosas que caian fortemente na cabeza.
Quitando eso, estaba preparado a conciencia para esta proba, levaba 4 anos sen disputar ningún maratón, e certo é, que xa tiña moitas ganas.

 Tempo final 3:02, obxectivo cumplido, de sobra, e veremonos as caras para o ano próximo, ca ilusión e obxectivo de facer 2h55min ou menos, todo isto se a vida me permite entrenar como este ano.

 Tamén  participou  Orlando, compañeiro de equipo, que para ser o 1º Maratón que corría fixo un máis que bo tempo, 3h24min, felicidades compañeiro, e partir de agora, xa nos veremos con máis frecuencia os días previos das carreiras.


CLASIFICACIÓN SENIOR C.D.AURUM           

28º- JUAN ROMERO FERNÁNDEZ  3:02              
58º- ORLANDO DE MATOS FERNANDES 3:24   

CLASIFICACIÓN ABSOLUTA C.D.AURUM

103º- J. ROMERO FERNÁNDEZ 3:02
323º- ORLANDO DE MATOS FERNANDES 3:24.




































Coma sempre agradecer a Maite o tempo de espera, xa que a paciencia no maratón ten que ser moi alta, e por aguantar estóicamente o mal tempo e intentar sacar fotos da proba, de 10 simplemente a mellor muller do mundo.

Felicitar a Toño, Rojo en especial, e tamén agradecer o apoio durante a proba dos compoñentes do Vía XVIII  Maceda, gracias.

Completando esta entrada con máis fotos, as de María Pita que sacou Maite  ¿Acordaste Orlando? jeje.

Aquí están:


Este Maratón foi feito na honra de J.R.I.

martes, 17 de abril de 2012

VIERNES 13 DE ABRIL 2012 - DESPEDIDA SUSANA E LALO

Empezamos a crónica desta semana emotiva-deportiva, felicitando a Susana e Lalo por esta nova etapa da súa vida, desexandolle a maior felicidade posible, por outro lado agradecendolle esta novidosa idea, de xuntarnos a tod@s nas pistas de Monterrei realizando ese inolvidable 4x400 m , sen moitas máis palabras que decir, simplemente estupendo e moi ben organizado , trasladando ese traballo e boa organización a súa nova etapa como marido e muller o éxito está garantizado, como non maravillosos os pinchos, compañía, etc..



Unha vez máis noraboa e felicidades para Susana e Lalo, e saúdos a tód@-l@s participantes tanto no 4x400 como os asistentes, de parte de Maite e miña.

          Un  saludo a tod@s , en especial a Susana e Lalo.

martes, 20 de marzo de 2012

10 Qms XINZO DE LIMIA- 18 Marzo

Carreira sen moita historia, simplemente co obxectivo de manter esa intensidade, para chegar o día 15 de Abril a tope pra Maratón de Coruña, día de rodada + 10 km  Xinzo, facendo un tempo de 39:02, indo moi cómodo e non preocupándome en demasía polo tempo, senón de facer o entreno ben.
 Polo resto , bo ambiente, boa organización, clima con aire frío, tamén unha boa nova no Aurum ,  parece que imos conseguindo maior participación da xente do clube, saúdos os que participaron nesta carreira; Eloy, Ramsés, Patricio, Furacán, Orlando, Hugo...

Irei poñendo as fotos do grupo máis adiante cando descarguemos a cámara no pc !!


Saúdos compañeiros e ex-compañeiros.




E coma sempre adicar esta carreira a J.R.I e Maite, sen olvidar, que, hai que ir pensando en nomeala fotógrafa oficial do Club Deportivo Aurum.