martes, 20 de marzo de 2012

10 Qms XINZO DE LIMIA- 18 Marzo

Carreira sen moita historia, simplemente co obxectivo de manter esa intensidade, para chegar o día 15 de Abril a tope pra Maratón de Coruña, día de rodada + 10 km  Xinzo, facendo un tempo de 39:02, indo moi cómodo e non preocupándome en demasía polo tempo, senón de facer o entreno ben.
 Polo resto , bo ambiente, boa organización, clima con aire frío, tamén unha boa nova no Aurum ,  parece que imos conseguindo maior participación da xente do clube, saúdos os que participaron nesta carreira; Eloy, Ramsés, Patricio, Furacán, Orlando, Hugo...

Irei poñendo as fotos do grupo máis adiante cando descarguemos a cámara no pc !!


Saúdos compañeiros e ex-compañeiros.




E coma sempre adicar esta carreira a J.R.I e Maite, sen olvidar, que, hai que ir pensando en nomeala fotógrafa oficial do Club Deportivo Aurum.