lunes, 16 de noviembre de 2015

SAN MARTIÑO 2015 - 15 NOVIEMBRE 2015-

 Bo día a tod@s

Carreira máis importante de Galicia a nivel popular, e estrea dunha nova tempada de Club Deportivo Aurum. No referente a miña participación, sabedor de estar tocado, e non poder acadar os tempos previstos, decidin sair de menos a máis e conservador para tratar de rematar a proba.

Querendo disfrutar da proba xa que a fin de mes paro os adestramentos e de participar nas carreiras. Vai ser unha tempada de transición para tratar de recuperarse ben de todo.

Tempo final 38:50, sufrindo pero enteiro na liña de meta, obxectivo cumplido.

Parabens a tod@s os integrantes do Aurum que participaron na proba.

PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS

 Algunha foto da proba

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

lunes, 9 de noviembre de 2015

CARREIRA DA CARBALLEIRA 2015 -25 Octubre 2015 -

 Hola a tod@s

Unha nova posta a punto, tomando coma un adestramento máis.
Achegándome ata o barrio de A Carballeira, para facer a derraira proba do Circuito Correndo X Ourense.
Quentado motores, proba rápida nun circuito de 3 voltas, para completar os 5,7 km do mesmo.

Gran participación de xente, chegando a meta nun tempo de 22.52, despacio pero sin arriscar, e contento por ir paso a paso

 PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 Algunhas fotos da proba.

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

jueves, 1 de octubre de 2015

IX CARREIRA POPULAR E VIII ANDAINA MASIDE -30 AGOSTO 2015-

 Hola a tod@s

Despois dunhas merecidas vacacións, nas que non usei as zapatillas, nin para camiñar...

Tocaba ir ata Maside, carreira para disfrutar e empezar coa toma de contacto de novo. Proba co seu percorrido modificado chegando ata os 15 km , cunha dureza por zonas máis que aceptable tendo en conta que levaba 3 días rodando desde julio.

Contento polas sensación e por ver que sendo unha proba de montaña, saíume aceptable. Tempo final: 1:16:00

 PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunha foto da proba

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

domingo, 12 de julio de 2015

CARREIRA DE CORPUS 2015 -28 JUNIO 2015-

 Hola a tod@s

Para completar o entreno da semana, me achego a carreira do corpus, tratando de rodar algo rápido e despois da proba soltar 8/10 km suave, con lixeiras molestias no sóleo, decido ir a un ritmo conservador.

Tempo final 21:33 entrando a meta no posto 28 , agora toca disfrutar das merecidas vacacións e deixar as zapatillas de adestramento o marxe, só para outras actividades.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Parabéns a tódol@s compañeir@s de Club Deportivo Aurum, por outra temporada máis, boas vacacións, e vémonos dando zapatilla.

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SOBER 14 JUNIO 2015

  Hola a tod@s

Unha carreira especial, en Sober, proba que me encanta pola súa boa acollida e gran carreira,. Presentome alí coa idea de aguantar cos atletas dos primeiros postos, sabendo a dificultade que isto conleva, xa que, as dúas voltas do circuito, son con subidas duras e baixadas moi rápidas.

Tras un inicio conservador , subo os ritmo progresivamente e atopome moi ben, chegando a ir cos de cabeza e velos ata o tramo final.

Finalmente, 36:19 facendo uns ritmos bos a 3:47, contento polas sensación e pola sorpresa final 1º en categoría senior. Última carreira que vou a tope, agora toca baixar o pistón e recuperar ben en verán.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

sábado, 6 de junio de 2015

CARREIRA DO COUTO - MAIO 2015 -

 Hola a tod@s

 Correr no barrio, coa xente que ves tódolos días, que che dan ánimo e folgos para finalizar, non ten prezo.
Aínda que esta tempada non me plantexei facer probas curtas, tentei chegar algo enteiro de ritmo e sensacións, a pesar de entrar xa en fase decrecente de adestramentos.

Sabendo que ía ser duro, marcas un ritmo de media da proba, o cal me saiu ben, con boas sensacións.
Tempo final; 21: 45 saindo a media prevista de 3:35, agora toca disfrutar dun par de probas máis e rexenerar e recuperar forzas para 2015-16.

Felicitar a todos os compañeiros Aurum que fixeron a proba.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Gracias a Tito Picouto polas fotos.
Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

sábado, 9 de mayo de 2015

FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO - RIBADAVIA 3 MAIO 2015 -

Hola a tod@s

Cita a que non se podía falta, xa que organiza Club Deportivo Aurum. Carreira para disfrutar, e achegarse a Ribadavia para pasar un día fantástico.

Despois de un mes, a medio gas, quería probar se xa estaba todo no sitio, sendo consciente de non poder sair a tope, progresivamente, sabendo que ainda queda moito para estar o 100%, pero moi satisfeito por sensacións, forza e resultado final. Chegando a liña de meta en 33:49 con enerxía para adestrar a tope o día seguinte que no fondo era do que se trataba.

Felicitar a todos os compañeiros que participaron tanto na proba atlética coma na organización

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

sábado, 21 de marzo de 2015

I CARRERA DAS EMPRESAS -15 Marzo 2015-

 Hola a tod@s

Este día tocaba ir a I Carreira das Empresas, desta volta non se correu como Aurum Boy, senón representando orgulloso a Cisneros Ourense.

Carreira por parellas, neste caso lesionado, pero consciente de que había que sufrir, intercostais inflamados, tratar de defenderse e listo.

Finalmente na suma dos tempos alcanzamos o 5º posto. Noso compañeiro Eloy o 1º posto por parellas, sendo un día para recuperar, disfrutar e participar de xeito lúdico.

PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS XERAIS
PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS POR EQUIPOS

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

III MEDIA MARATÓN CARBALLIÑO -8 Marzo 2015-

Bo día a tod@s
Cita marcada no calendario, por proximidade e por que me gustan este tipo de probas, aínda que a xente escapa delas, pola obsesión de facer marcar, o non ser un circuito chan, a xente fuxe, pero para min son as carreiras máis chulas.

Con gañas de mellorar o tempo da temporada pasada e co obxectivo de rebaixar ata 2/3 min. Moi contento pola sensación, controlando en todo momento de menos a máis e moi enteiro na liña de meta, tendo folgos para facer máis e máis.

 Tempo final 1:24:53 entrando nos vinte primeiros clasificados, pero realmente contento. Agora toca seguir mellorando e adestrando paso a paso e disfrutando.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Felicitar a Javier e Fon pola carreira, e pola compañia do remate

Un saludo a tod@s

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

martes, 3 de febrero de 2015

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO TRAVÉS AURUM -31 Xaneiro 2015-

Bo día a tod@s

Cita fundamental, xa que organiza Club Deportivo Aurum, un marco estupendo na Área Recreativa da Veronza en Ribadavia. No que se refire o cross, o obxectivo individual era ir mellorando as marcas e sentirme forte no tramo final. En canto a equipos sendo realistas o 4º posto está xenial, non cabe duda que a retirada de Prieto fixo baixar un pouco pero na próxima cita estaremos pelexado o podio sen dúbida.

Rebaixar 2 minutos nun cross, tendo en conta o tempo do ano pasado, máis que satisfeito, para máis rematando forte e con ritmo vivo, saíndo a carreira a 3.53, contento e seguindo adestrando con sentidiño.

Parabéns a todos os compañeiros.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

domingo, 4 de enero de 2015

XVI SAN SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO 2014

Bo día a tod@s

Gran asistencia con un bo número de participantes, tanto na proba de nen@s como absoluta. Non recordo o ano que tivésemos unha temperatura e clima tan agradable como a desta edición. Así da gusto subir esas costas jeeje...
No referente a carreira, sabendo que mellorei algo, decidín ir de menos a máis conocedor da dureza dos últimos kms de subida e os tobogáns que me resultan complicados.

Saída lenta, xa que fun de primeiro ata o xiro da curva a dereita, frenándome e mirando atrás, nese momento xa chegaron Lalo e JBenito e o resto de grupo como Luis e os que se ía disputar o triunfo da proba.

Obxectivo era chegar nos 20 primeiros clasificados, cumplindo de sobra, entrando no posto 15 con un tempo de 24:33 e acadando o 3º posto na categoría senior.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Un bo xeito de despedir o ano 2014, que me resultou complicado e duro por uns motivos ou outros.
Esperemos que 2015 sexa mellor con saúde para tod@s e que disfrutemos disto que nos fai tan felices.
Un saúdo a tod@s.