jueves, 29 de diciembre de 2022

XIII CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO - 11 DECEMBRO 2022-

 

 Bo día a tod@s.

Proba dura e xa tradicional nestas tempadas todas sabendo que agora o único  obxectivo é participar sen mirar tempos nin adestrar facendo tempo final de 46:06. Seguinte parada San Silvestre de Castrelo de Miño, sen adestrar pero disfrutando deste gran deporte que é saúde.

 PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS

 



 

XLV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO - 20 NOVEMBRO 2022-

 Bo día a tod@s.

 Proba atlética por excelencia que hai que correr sí ou sí aínda sen adestrar sendo consciente que ía custar moito rematala, optando por sair en modo disfrute. Primeiro proba absoluta con un tempo final de 46:58. Logo a proba de cativos co alumnado que se achegou a participar e finalmente a proba máis especial, a inclusiva facendo o percorrido con esa persoa especial que nos cambio a vida.

 PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS

    Foto: Tito Picouto
 

martes, 22 de noviembre de 2022

CARREIRA DA CARBALLEIRA CxOU - 23 OUTUBRO 2022-

 

Bo día a tod@s.
 
Última carreira do circuito CxOU, xa en modo relax e sin competir. Neste caso a carreira da Carballeira con un percorrido de 6 km

Este CxOU o tomo de xeito para o disfrute, e obxectivo seguir enganchados ao atletismo e máis adiante xa faremos adestramentos pautados en serio. Tempo final: 27:35 posto 65º e MASTER-A-15º, a seguir disfrutando deste gran deporte.


 PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS

XVª CARREIRA POPULAR XIVª ANDAINA MASIDE - 18 SETEMBRO 2022-

 Bo día a tod@s.

Comezamos con 13,5 km  e pico despois do verán;  unha cita obrigada no calendario, para retomar o pulso e os adestramentos paso a paso. Gran partipación en todas as categorías e resaltar o bo facer do CD. Aurum.

Tempo final 1:10:39 proba rematada , simplemente o obxectivo era rematar e adicarlle esta proba a  Valeria e Maite. Posto 29º e rematando a proba como 1º local recollendo o primeiro trofeo para ela.

PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS 

 




lunes, 4 de julio de 2022

CARREIRA DO CENTRO CxOU - 11 XUÑO 2022 -

 

Bo día a tod@s.

Terceira carreira do circuito CxOU, xa en modo relax e sin competir a tope. Neste caso a carreira do Centro cun percorrido de 5,6 km

Este CxOU o tomo de xeito para o disfrute, e obxectivo seguir enganchados ao atletismo e máis adiante xa faremos adestramentos pautados en serio. Tempo final: 23:12 posto 46º e MASTER-A-12º, a seguir disfrutando deste gran deporte.

CARREIRA DO COUTO CxOU - 28 MAIO 2022 -

 

Bo día a tod@s.

Segunda carreira do circuito CxOU despois de facer a media de Lugo. Neste caso a carreira do Couto, que sempre procuro correr por ser a do barrio.

Este CxOU está sendo divertido, xa que estamos a facer polo momento todas as carreiras. Agardemos seguir no resto do circuito do mesmo xeito.Tempo final: 24:09 posto 35º e MASTER-A-11º, a seguir adestrando e disfrutando.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

lunes, 30 de mayo de 2022

IV MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO -22 MAIO 2022-

 

Bo día
Cuarta edición da Media Maratón Cidade de Lugo celebrada ó 22 de maio de 2022, diferente percorrido que na 3ª edición que consta de 2 voltas de 10 km máis a cola de meta.
Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e facer a primeira media maratón por e para o mellor que pode pasarlle no mundo a unha familia, adicarlla a Valeria.

Saindo de menos a máis facendo cómodo as 2 voltas con forza e os folgos suficientes para rematar a proba en 1:33:52 cruzando a liña canso pero satisfeito de acadar o obxectivo. Agora toca porse en forma paso a paso e sen prisa.


PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 

 





 

martes, 19 de abril de 2022

CARREIRA DO VINTEÚN - X CIRCUITO CORRENDO x OURENSE - 3 ABRIL 2022 -

 

Bo día.
Comezamos o circuito do CxOU co obxectivo de ir retomando e sumando entrenos e algunhas carreiras ata chegar ó 22 de maio. Boa participación do equipo Aurum e gran axuda de Patrick durante a carreira que nos serviu a ambos para ir en progresión de menos a máis.Tempo final 25:21, indo a 4 min o km que para non adestrar nada demasiado ben,
parabéns ao equipo.

 
PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 


 

domingo, 9 de enero de 2022

XXIII S.SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO -31 Decembro 2021-

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano con máis gañas despois de parar por mor da pandemia. Percorrido de 2 voltas para completar 5,5 km, sendo un perfil sinxelo e rápido sen maior dificultade.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 21:55 e desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo. 

Feliz 2022.