miércoles, 10 de octubre de 2012

A CORUÑA 10 - 7 OCTUBRE 2012-

Para ser de novo a toma de contacto, aínda que coa microrotura no xemelo, era consciente de non arriscar, xa que a vista esta posta no Maratón de Oporto, e xa non queda apenas nada de tempo.

Polo demáis, gran número de participación , éxito ata o de agora, case 3 mil personas, gran día, cun bo tempo, facendo algo que xa é habitual, cando esta bo tempo me ducho na praia, esperemos seguir así nas próximas edicións.

Sendo unha carreira pra disfrutar e olvidarme do tempo, nin dos ritmos, facendoa de xeito popular, resultado moi discreto jeje, facendo 40 min , entrando entre os 200 primeiros participantes.

Sen nunca perder de vista o Maratón , e facendo parte da carreira detrás de Rojo, que xa facia tempo que non coincidia con él, e do que me alegrou volver a velo.

Finalmente agradecer a compañia de Maite coma sempre , pasando un estupendo día.

Recordando a JR.I como Deus manda, e tamén a D.P.H .

Saúdos.