viernes, 23 de diciembre de 2016

VIII CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO - 18 Decembro 2016-

Boa tarde   a tod@s.

Unha clásica nas datas de Nadal,achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro. Tamén correron Furi e Javier, os cales demostraron o seu bo estado de forma.

Saindo de menos a máis pero regulando o esforzo, xa que estaba algo cargado debido os adestramentos das semanas previas.

Percorrido esixente , xa que descorre polos parques e paseos da vila, onde hai partes adoquinadas, pontes, e repechos xeitosos.


Finalmente, o  obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto

Tempo final 40:51, listo pra seguir adestrando.Felicitar a todos os   C.D. Aurum, parabéns a tod@s.
PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunhas fotos...




 Un saúdo a tod@s

martes, 13 de diciembre de 2016

XV CARREIRA PEDESTRE NADAL - CTO. PROVINCIAL 10KM RUTA - 11 DECEMBRO 2016 -

Boa día a tod@s.

Gran cita atlética, xa unha clásica nas datas previas ao Nadal, e persoalmente unha proba que me encanta correr, e disputar si se pode. Este ano era algo diferente, xa que debía regular e dosificar esforzo, para chegar forte o tramo final e últimos repechos.

O adestramento das semanas previas, deu seu froito, xa que me sentín cómodo en todo momento, sen chegar a fatiga total. Desenvolveuse dun xeito moi bonito, xa que saimos todos os do equipo xuntos, facendo grupeta, e levando un ritmo uniforme; Lalo, Javier, Ramsés e eu, toda a carreira xunta ata os últimos kms.

Tamén Furi, que sempre foi cómodo e máis adiante deste grupo máis numeroso, facendo un gran tempo.

No tramo final , nos distanciamos algo Ramsés e eu, co único obxectivo de baixar dos 40 min, que no meu caso despois de moitos meses sen adestrar e competir, unha vez xa pasaron 2 meses de reaxuste e volta a adestrar, era o tempo máis realista para acadar.

Finalmente se conqueriu o obxectivo, tanto Ramsés, Javi, Lalo e eu mesmo, facendo fincapé na canteira que está pisando forte, e Eloy que volve a rendir a un gran nivel.

Felicitar a todo o equipo de C.D. Aurum e tamén resaltar o bo tempo de Susana, parabéns a tod@s.

Tempo final 39:32 acabando forte , e listo pra seguir adestrando; sen prisa pero sen pausa.
PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunhas fotos da proba...






Un saúdo a tod@s

sábado, 26 de noviembre de 2016

XL SAN MARTIÑO - 20 NOVEMBRO 2016 -

Bo día a tod@s.

Comezamos a correr algunha proba, e que mellor que a nosa San Martiño 10 km desta carreira , que xa é unha cita obrigada no calendario, para a comunidade atlética.

Sendo consciente que non podo corren nin ó 50% das miñas posibilidades, tratei de disfrutar, divertirme e facer a carreira o máis levadeira posible, saindo despacio e controlando tódalas sensacións físicas de inicio e gardando folgos para os últimos 2 km.

Boa participación, aínda que non tanta coma noutras edicións , por mor das condicións climatolóxicas.

Tempo final 40:47 acabando enteiro , e listo pra seguir adestrando e volver a recuperar a forma perdida, sen prisa pero sen pausa.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunha foto...



Un saúdo a tod@s.

domingo, 25 de septiembre de 2016

X CARREIRA POPULAR E IX ANDAINA MASIDE - 18 SETEMBRO 2016-

Bo día a tod@s.

Tras 8 meses de inactividade no atletismo, comezamos rodando os 15 km desta carreira , que xa é unha cita obrigada no calendario, fai uns anos.


Sabendo e sendo consciente que non podo corren nin ó 40% das miñas posibilidades, tratei de disfrutar, divertirme e facer a carreira o máis levadeira posible, saindo despacio e controlando tódalas sensacións físicas de inicio e gardando folgos para os últimos 5 km.

Boa participación, aínda que non tanta coma noutras edicións , por mor a coincidencia con outras probas.

Tempo final 1:17:20 acabando enteiro , e listo pra poder empezar a adestrar paso a paso, sen prisa pero sen pausa.



Algunhas fotos da proba...




Un saúdo a tod@s.


sábado, 2 de enero de 2016

SAN SILVESTRE CASTRELO MIÑO -31 DECEMBRO 2015-



 Hola a tod@s

Cita a que non se pode faltar, pero desta vez un erro grande atreverme a correr, unha por agravar máis o problema de lesión, e outra por non estar en condicións mínimas para correr.

Finalmente, acabei a proba, con dor, agora toca, parar 5/6 meses, tratar de recuperarse e voltar a empezar de cero.

Para o resto de compañeir@s Aurum, desexo un 2016 de saúde e bos resultados, para min agardo ter saúde para recuperarme e voltar si cabe, máis forte que antes.

PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS






Un saludo a tod@s


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón