martes, 13 de mayo de 2014

XIII MEDIO MARATÓN FERREIRÚA -11 Maio 2014-


Bo día

Gran carreira a que non se pode faltar por como tratan a xente que participa. Un día perfecto o que o clima se refire, e preparado para sufrir xa que sabendo da dureza desta carreira polo seu peculiar percorrido. Había que sair paseniños.

Finalmente metinme nun ritmo cómodo a pesar de ter molestias no glúteo que ainda estarán ata maio-xuño. Pouco a pouco vai cicatrizando e non pasa nada.

Conseguindo chegar a liña de meta en 1:29:37, máis que satisfeito xa que contaba facer 5 minutos máis, asi que non se pode pedir máis


PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS











Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

III MARATÓN A CORUÑA 42. - 27 Abril 2014 -


Bo día

Un día malo,  era consciente de que non estaba a tope físicamente pero ia tratar de suplilo ca experiencia de outras veces en larga distancia. Comecei moi ben, cómodo de menos a máis.

Todo saia según o previsto, pero a partir do km 25 empezou a festa, por ser positivos, nese momento tiña que haber parado ir a ducha e listo. Pero continuei ata o final de mala forma. A sorte foi que non tiven que parar varios meses e agora pouco a pouco xa estou decente ainda que as veces con molestias.

Algo positivo disto, que tiña ilusión por facelo ben, pero teño algo claro, que o vou a volver intentar a próxima temporada, con máis ganas, forzas.

Finalmente entrei na meta en 3:40, sen historia pero pensando xa na seguinte.









Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón