martes, 17 de abril de 2012

VIERNES 13 DE ABRIL 2012 - DESPEDIDA SUSANA E LALO

Empezamos a crónica desta semana emotiva-deportiva, felicitando a Susana e Lalo por esta nova etapa da súa vida, desexandolle a maior felicidade posible, por outro lado agradecendolle esta novidosa idea, de xuntarnos a tod@s nas pistas de Monterrei realizando ese inolvidable 4x400 m , sen moitas máis palabras que decir, simplemente estupendo e moi ben organizado , trasladando ese traballo e boa organización a súa nova etapa como marido e muller o éxito está garantizado, como non maravillosos os pinchos, compañía, etc..



Unha vez máis noraboa e felicidades para Susana e Lalo, e saúdos a tód@-l@s participantes tanto no 4x400 como os asistentes, de parte de Maite e miña.

          Un  saludo a tod@s , en especial a Susana e Lalo.

martes, 20 de marzo de 2012

10 Qms XINZO DE LIMIA- 18 Marzo

Carreira sen moita historia, simplemente co obxectivo de manter esa intensidade, para chegar o día 15 de Abril a tope pra Maratón de Coruña, día de rodada + 10 km  Xinzo, facendo un tempo de 39:02, indo moi cómodo e non preocupándome en demasía polo tempo, senón de facer o entreno ben.
 Polo resto , bo ambiente, boa organización, clima con aire frío, tamén unha boa nova no Aurum ,  parece que imos conseguindo maior participación da xente do clube, saúdos os que participaron nesta carreira; Eloy, Ramsés, Patricio, Furacán, Orlando, Hugo...

Irei poñendo as fotos do grupo máis adiante cando descarguemos a cámara no pc !!


Saúdos compañeiros e ex-compañeiros.




E coma sempre adicar esta carreira a J.R.I e Maite, sen olvidar, que, hai que ir pensando en nomeala fotógrafa oficial do Club Deportivo Aurum.

martes, 6 de marzo de 2012

1º TROFEO CLUB AURUM 10.000m MONTERREI 4 MARZO

Continuando a xeira , un domingo máis, nas pistas de atletismo en Monterrei, sen ningún tipo de excusa xa que o noso clube organizaba o evento, así era deber ser ben agradecidos e participar neste 10.000m, aínda sabendo de antemán que a pista non é o meu terreno pra facer as mellores probas. Boa participación dos Limiactiva, Academia , Esprintes, etc; sendo nos o único clube que non chegou a 4 compoñentes, vamos ter que empezar a tirar das orellas pra que nas vindeiras carreiras a xente se anime a participar jeje, coma sempre os que nunca fallamos Alfredo e Lalo , ainda que desta vez o xefe de filas tivo que exercer outras labores e so competimos "Furacán" , Orlando, e eu, fantasticos os 3 ainda que personalmente non cumplin o obxectivo de facer 38 min, pero acabei con boas sensación, un saudo compis de equipo!.


Agradecer coma sempre a Maite que esta en todas,chova, neve ou quente o sol, ademáis de animarse a formar parte do clube próximamente e probar sorte lanzando peso, finalmente recordar a J.R, xa que non hai carreira que o concluíla non lembre mirando o ceo esa persoa que foi moi especial o longo da vida.