jueves, 16 de mayo de 2013

XII MEDIO MARATON FERREIRUA 12 MAIO 2013

Pra estar desde o mes de Febreiro parado sen competir, e tentando recuperar ben a lesión, achegamonos ata unha cita bonita no calendario, xa que tanto o trato os participantes como acompañantes é de bo agrado.

Polo que sempre que podo, tento facer esta carreira, o obxectivo era acabar ben, sen dolor, e coa sensación de ir de menos a máis.

Obxectivo cumplido con creces, xa que na segunda volta da carreira me atopei moi cómodo e xa deixei de reservar, entrando na liña de meta en 1h 30 min , polo que moi contento e mellor do que pensaba. Acadando o 12º posto na categoría correspondente.

Tamén participou Lalo,  camarada do Aurum facendo en estupendo tempo 1h 23min 53sg, noraboa compañeiro, mostrando un estado de forma moi bo o longo desta temporada. Conseguindo o 4º posto da categoría correspondente.








Saudos Aurum.


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

martes, 30 de abril de 2013

II C.P. RIBAS DE SIL - 28 ABRIL 2013 -

Despois duns meses parado, pouco a pouco hai que recuperar o pulso de ritmos, e resistencia co paso dos kilómetros. Primeira vez que participo nesta carreira, e certo é, que trataron moi ben a todo o mundo.

No que respecta a carreira, un bo número de participantes, carreira rápida, con perfil con bastante costas e duro polo tema de pedras na calzada e pola beira da vía do tren.

Saín conservador xa que o 1º que hai que facer e correr de menos a máis, logrando enlazar co grupo de cabeza e facendo sectores da carreira por debaixo de 3,50, que xa e moito pedir con só 2 semanas de entrenos.

Posto final 24º logrando na miña categoría entrar de 6º, con 26:06 nunha distancia aproximada según a organización de 6,4km pero nogps deume entorno os 6,6 km; se cadra estando ben facia podio, jaja; pero moi contento por como acabei e agora pensando en chegar a Ferreirúa ben pra facer o Medio maratón.




Saudos Aurum.


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

martes, 19 de febrero de 2013

II CARREIRA POR PARELLAS O BARCO NAMORA - 17 FEBREIRO 2013 -

Esta vez os parabéns son para Maite, por fin debutou a modo suave, na 2º edición do Barco namora, unha maña tranquila, para disfrutar e pasalo moi ben, ese era o obxectivo.

Un centenar de participantes, bo ambiente, e un resultado final, bastante bó, tendo en conta os días de entreno que levaba Maite, tempo final 30 min. que esta moi ben. Orgulloso de como corriche, de aquí en adiante só queda mellorar.

  
           ¡NORABOA CAMPIONA, MOITAS FELICIDADES!













Saúdos Aurum


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón