domingo, 4 de enero de 2015

XIII CARREIRA NADAL SAN CIBRAO 10 KM PROVINCIAL -21 Decembro 2014-

Bo día a tod@s

Nunha mañá fantástica, tocaba subir ata San Cibrao, sabendo que o Clube Deportivo Aurum ía estar moi ben representado.

Circuito remozado para a ocasión do provincial, constando de 2 voltas de 5km. Decidín sair conservador na 1º e ir en progresión de menos a máis, esa era estratexia, como non tratar de ir mellorando os tempos dos anteriores dez miles.

Tempo final de 38:01, contento por como rematei, pero consciente de que aínda me falta moito para chegar onde realmente quero.

Parabéns a todos e cada un dos compañeiros do clube xa que acadamos a 1º plaza do provincial por diante do Arenteiro e Ourenrunning respectivamente.


 








¡Menudo equipazo!

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón


 

lunes, 8 de diciembre de 2014

XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO. 16 Novembro 2014

Bo día a tod@s

Unha proba que non se pode perder, despois de A Coruña tocaba seguir en progresión, cada día atopándome mellor tanto física como mentalmente.

Carreira moi esixente por ser moi masiva a saída, e sabedor de que debía dosificar o inicio para ser capaz de ir a 3.50 que era o obxectivo desta volta, sendo realistas e sensatos.Resultado final: 38:38

Finalmente moi contento por acabar forte e coa sensación de poder dar un plus máis, isto foi o comezo, agora toca seguir adestrando ben e con cabeza, para tentar chegar a marzo/abril en boa condición física.



PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS









Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

domingo, 23 de noviembre de 2014

VIII CARRERA POPULAR CORUÑA 10 5 Octubre 2014

 Bo día a tod@s

Tocaba volver a empezar, de cero, como a canción..., pero esta carreira ten algo especial, polo que sempre que poida tentarei asistir a ela, sexa o estado de forma bo,malo ou regular.

Consciente de que me ía ser difícil seguir ritmos altos, tendo en conta que empecei a adestrar a finales de setembro, o obxectivo marcado era tentar baixar de 4:00 min o km, polo que aceptable o resultado, e con lixeiras molestias, tendo que ser tratado no servizo de fisioterapia da organización. Tempo final 39:23, discreto, pero os comezos son así.

Isto só foi o comezo, dun longo camiño por percorrer, e coa mente en seguir adestrando ben. Resaltar tamén a boa participación de Club Deportivo Aurum, participando nesta proba compañeiros varios; Fon, irmáns Espiña, etc.

Aquí vos deixo resultados Aurum da proba 

66 3079 ROBERTO ESPIÑA FERNANDEZ 00:35:29 00:35:27

73 4015 FRANCISCO JAVIER ESPIÑA FERNANDEZ 00:35:48 00:35:45

158 3080 ALFONSO SOTO GUTIÉRREZ 00:38:02 00:37:57

265 4016 JUAN ROMERO FERNÁNDEZ 00:39:23 00:39:12

1147 3400 ENRIQUE HERMIDA ARMADA 00:46:44 00:45:52


Felicitacións a todos.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS






Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón