martes, 3 de febrero de 2015

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO TRAVÉS AURUM -31 Xaneiro 2015-


Bo día a tod@s

Cita fundamental, xa que organiza Club Deportivo Aurum, un marco estupendo na Área Recreativa da Veronza en Ribadavia. No que se refire o cross, o obxectivo individual era ir mellorando as marcas e sentirme forte no tramo final. En canto a equipos sendo realistas o 4º posto está xenial, non cabe duda que a retirada de Prieto fixo baixar un pouco pero na próxima cita estaremos pelexado o podio sen dúbida.

Rebaixar 2 minutos nun cross, tendo en conta o tempo do ano pasado, máis que satisfeito, para máis rematando forte e con ritmo vivo, saíndo a carreira a 3.53, contento e seguindo adestrando con sentidiño.

Parabéns a todos os compañeiros.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

















Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

domingo, 4 de enero de 2015

XVI SAN SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO 2014

Bo día a tod@s

Gran asistencia con un bo número de participantes, tanto na proba de nen@s como absoluta. Non recordo o ano que tivésemos unha temperatura e clima tan agradable como a desta edición. Así da gusto subir esas costas jeeje...
No referente a carreira, sabendo que mellorei algo, decidín ir de menos a máis conocedor da dureza dos últimos kms de subida e os tobogáns que me resultan complicados.

Saída lenta, xa que fun de primeiro ata o xiro da curva a dereita, frenándome e mirando atrás, nese momento xa chegaron Lalo e JBenito e o resto de grupo como Luis e os que se ía disputar o triunfo da proba.

Obxectivo era chegar nos 20 primeiros clasificados, cumplindo de sobra, entrando no posto 15 con un tempo de 24:33 e acadando o 3º posto na categoría senior.







PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


Un bo xeito de despedir o ano 2014, que me resultou complicado e duro por uns motivos ou outros.
Esperemos que 2015 sexa mellor con saúde para tod@s e que disfrutemos disto que nos fai tan felices.
Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

XIII CARREIRA NADAL SAN CIBRAO 10 KM PROVINCIAL -21 Decembro 2014-

Bo día a tod@s

Nunha mañá fantástica, tocaba subir ata San Cibrao, sabendo que o Clube Deportivo Aurum ía estar moi ben representado.

Circuito remozado para a ocasión do provincial, constando de 2 voltas de 5km. Decidín sair conservador na 1º e ir en progresión de menos a máis, esa era estratexia, como non tratar de ir mellorando os tempos dos anteriores dez miles.

Tempo final de 38:01, contento por como rematei, pero consciente de que aínda me falta moito para chegar onde realmente quero.

Parabéns a todos e cada un dos compañeiros do clube xa que acadamos a 1º plaza do provincial por diante do Arenteiro e Ourenrunning respectivamente.


 








¡Menudo equipazo!

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón