sábado, 21 de marzo de 2015

III MEDIA MARATÓN CARBALLIÑO -8 Marzo 2015-

Bo día a tod@s
Cita marcada no calendario, por proximidade e por que me gustan este tipo de probas, aínda que a xente escapa delas, pola obsesión de facer marcar, o non ser un circuito chan, a xente fuxe, pero para min son as carreiras máis chulas.

Con gañas de mellorar o tempo da temporada pasada e co obxectivo de rebaixar ata 2/3 min. Moi contento pola sensación, controlando en todo momento de menos a máis e moi enteiro na liña de meta, tendo folgos para facer máis e máis.

 Tempo final 1:24:53 entrando nos vinte primeiros clasificados, pero realmente contento. Agora toca seguir mellorando e adestrando paso a paso e disfrutando.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




Felicitar a Javier e Fon pola carreira, e pola compañia do remate

Un saludo a tod@s


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

martes, 3 de febrero de 2015

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO TRAVÉS AURUM -31 Xaneiro 2015-


Bo día a tod@s

Cita fundamental, xa que organiza Club Deportivo Aurum, un marco estupendo na Área Recreativa da Veronza en Ribadavia. No que se refire o cross, o obxectivo individual era ir mellorando as marcas e sentirme forte no tramo final. En canto a equipos sendo realistas o 4º posto está xenial, non cabe duda que a retirada de Prieto fixo baixar un pouco pero na próxima cita estaremos pelexado o podio sen dúbida.

Rebaixar 2 minutos nun cross, tendo en conta o tempo do ano pasado, máis que satisfeito, para máis rematando forte e con ritmo vivo, saíndo a carreira a 3.53, contento e seguindo adestrando con sentidiño.

Parabéns a todos os compañeiros.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

















Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

domingo, 4 de enero de 2015

XVI SAN SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO 2014

Bo día a tod@s

Gran asistencia con un bo número de participantes, tanto na proba de nen@s como absoluta. Non recordo o ano que tivésemos unha temperatura e clima tan agradable como a desta edición. Así da gusto subir esas costas jeeje...
No referente a carreira, sabendo que mellorei algo, decidín ir de menos a máis conocedor da dureza dos últimos kms de subida e os tobogáns que me resultan complicados.

Saída lenta, xa que fun de primeiro ata o xiro da curva a dereita, frenándome e mirando atrás, nese momento xa chegaron Lalo e JBenito e o resto de grupo como Luis e os que se ía disputar o triunfo da proba.

Obxectivo era chegar nos 20 primeiros clasificados, cumplindo de sobra, entrando no posto 15 con un tempo de 24:33 e acadando o 3º posto na categoría senior.







PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


Un bo xeito de despedir o ano 2014, que me resultou complicado e duro por uns motivos ou outros.
Esperemos que 2015 sexa mellor con saúde para tod@s e que disfrutemos disto que nos fai tan felices.
Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón