jueves, 29 de junio de 2017

VI Eurocidade 10 TUI - VALENÇA -11 JUNIO 2017-

Bo día a tod@s

Sexta edición dunha proba moi divertida e fantástica, a que; por diferentes motivos facia tempo que non a podía disfrutar. Desprazamonos a Tui - Valença  o 11 de Xuño de 2017, un percorrido urbano  e polos parques da contorna, ademáis da ponte mítica que une as dúas cidades. Sendo o comezo da carreira de dureza elevada, por saír os 2 primeiros km en pendente e por dentro da muralla da fortaleza de Valença.
Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e rematar despois da ducha cun prato típico de bacalao. Parte da proba sentindome cómodo a ritmos de sub 4 min o km coa simple meta de chegar en menos de 40 min, o ver que ía situado nos postos de cabeza da carreira nos 20 primeiros clasificados decidín descolgarme e achegarme cada vez máis nos postos cabeceiros.

Tempo final: 39:56 posto na xeral 13º e senior 3º, un día non de bo tempo pero si de resultado.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS







 Un saúdo.


sábado, 3 de junio de 2017

CARREIRA DO COUTO CxOU -27 Maio 2017-

Bo día a tod@s

Primeira carreira que corría do circuito CxOU, sabendo que se compón de probas rápidas. Neste caso a carreira do Couto, que sempre procuro correr por ser a do barrio.

Esta tempada foi de volta ós adestramentos continuados e pautados, enfocada a media maratón e distancias superiores, co que esta proba ía resultar dura polo ritmo.

Parte da proba fíxena con Óscar Ramos pero no tramo final regulei para poder chegar enteiro a costa de Dalí. Tempo final: 23:02 posto 46º e SM-13º, a seguir adestrando e disfrutando.

Parabéns os compañeiros de equipo.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS


Un saúdo a tod@s 

martes, 23 de mayo de 2017

I MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO -14 Maio 2017-

Bo día a tod@s

Primeira edición da Media Maratón Cidade de Lugo celebrada ó 14 de maio de 2017, un circuito de 4 voltas de percorrido urbano, e unha volta final polo adarve da muralla con diferentes desniveis e perfil de terra, con un grao de dureza considerable.

Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e tomalo coma un adestramento forte, xa que últimamente non adestro todo o que quero nin de días nin sesións.

Parte da proba sentindome cómodo a ritmos altos de sub 4 min o km e no tramo do adarve case sen moita enerxía; finalizando a proba en 1:26:38. Entrando no posto 53, contento e a seguir sumando.


Parabéns a Toni, compañeiro de equipo.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS









 Un saúdo a tod@s