sábado, 15 de julio de 2017

I edición do Medio Maratón – O Gran Camiño - 9 Julio 2017-

Bo día a tod@s

Este fin de semana do 9  de xullo, achegámonos as localidades de Arzúa e o Pino ; para participar neste primeira edición dunha etapa integra do Camiño de Santiago. Marco  estupendo polo bosques e camiños de Arzúa e remate da proba no Pino. Percorrido de 21 km de perfil duro, subidas e fortes repechos, o cal se fixeron algo largos .

Desta volta sendo o único Aurum,carreira para disfrutar, xa que estou en época de descanso nos meses de xullo e agosto. Facendo a maior parte do percorrido en solitario e sendo das poucas veces que vou disfrutando da paisaxe e ánimos dos centos de peregrinos que tiveron un comportamento exemplar.

Tempo final: 1:32:11 posto na xeral 52º e senior 15º, unha carreira  a cal tiña ganas de inaugurar.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




Un saúdo.

sábado, 8 de julio de 2017

XXXIV CARRERA POPULAR DE LEIRO - 2 Julio 2017-

Bo día a tod@s

Na xornada matinal do primeiro fin de semana de xullo, achegámonos a Leiro; para voltar a facer esta estupenda proba nun entorno moi bonito. Percorrido de 9,300m máis ou menos que descorre polo pobo e as súas zonas verdes .

Desta volta non sendo o único Aurum, xa que tamén disputaron a proba Ramsés, Tito e Javi; ademáis das categorías inferiores.
 
Carreira para disfrutar, xa que estou en época de descanso nos meses de xullo e agosto. Facendo a maior parte do percorrido cun bo amigo, Severino Correa.

Tempo final: 37:08 posto na xeral 39º e senior 7º, unha carreira máis a cal tiña ganas de volver.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




Un saúdo .

jueves, 29 de junio de 2017

VI Eurocidade 10 TUI - VALENÇA -11 JUNIO 2017-

Bo día a tod@s

Sexta edición dunha proba moi divertida e fantástica, a que; por diferentes motivos facia tempo que non a podía disfrutar. Desprazamonos a Tui - Valença  o 11 de Xuño de 2017, un percorrido urbano  e polos parques da contorna, ademáis da ponte mítica que une as dúas cidades. Sendo o comezo da carreira de dureza elevada, por saír os 2 primeiros km en pendente e por dentro da muralla da fortaleza de Valença.
Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e rematar despois da ducha cun prato típico de bacalao. Parte da proba sentindome cómodo a ritmos de sub 4 min o km coa simple meta de chegar en menos de 40 min, o ver que ía situado nos postos de cabeza da carreira nos 20 primeiros clasificados decidín descolgarme e achegarme cada vez máis nos postos cabeceiros.

Tempo final: 39:56 posto na xeral 13º e senior 3º, un día non de bo tempo pero si de resultado.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS







 Un saúdo.