jueves, 4 de enero de 2018

XIX “SAN SILVESTRE” CASTRELO -31 Decembro 2017-

 Ola a tod@s

Un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor especial, xa que veñen sensacións encontradas a cabeza, despois da lesión no provincial de San Cibrao.

Boa participación do CD Aurum, destacar o bo nivel de Furi, e lembrando vellas etapas, fainos sentir en plena xuventude.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 26:29 e co premio do chocolate e de empezar un ano novo adestrando.

Para o resto de compañeir@s Aurum, desexo un 2018 de saúde e bos resultados.

                                           Amodiño que hai empezar paso a paso









martes, 21 de noviembre de 2017

XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO- 19 Novembro 2017-

Bo día a tod@s.

Comezamos unha nova tempada, na nosa San Martiño 10 km desta carreira que xa é unha cita obrigada no calendario, para a comunidade atlética.

Consciente que non podo corren nin ó 70% das posibilidades, tratei de disfrutar, divertirme e facer a carreira o máis levadeira posible, saindo con Ramsés cómodo ata o km 2,5 apróx; pero un pinchazo inesperado no xemelgo esquerdo fixo que tivese que baixar ritmo, co que o tempo final foi 39:55.

Toca recuperar e empezar a mellorar gradualmente cos adestramentos de calidade, ademáis; boa participación do Clube Deportivo Aurum e foto oficial  co que foi unha xornada fenomenal.



 Algunha foto...






Un saúdo.

sábado, 14 de octubre de 2017

XIª CARREIRA POPULAR Xª ANDAINA MASIDE - 2 SETEMBRO 2017 -

Bo día a tod@s.

Comezamos rodando 15 km despois do parón de verán;  na que xa é unha cita obrigada no calendario, fai uns anos.

Trantando de disfrutar, divertirme e facer a carreira de menos a máis, incrementado o ritmo no tramo final.

Boa participación, aínda que non tanta coma noutras edicións debido a coincidencia con outras probas.

Tempo final 1:12:00 acabando enteiro , e listo para comezar a adestrar ben novas carreiras para esta tempada 17-18.



Un saúdo.