viernes, 16 de febrero de 2018

CAMPIONATO GALICIA CAMPO A TRAVÉS -4 Febreiro 2018-

Bo día a tod@s

Cita na que se debe participar, xa que organiza CD Aurum, un marco estupendo na Área Recreativa da Veronza en Ribadavia, que merece a pena calzarse as zapatillas de cravos e disfutar deste marco fantástico.
 No referente o cros, o obxectivo individual era ir progresando e sentir a dureza da proba, coa meta de poder rematar e ir sumando km e poder ir gradualmente de menos a máis.

Os compañeiros que participaron por parte do clube foron: Elpidio,Furi, Jacobo, Patrick e Javier, ademáis de un servidor.

Tendo de referencia o tempo de fai 2 anos, era prácticamente imposible mostrar ese nivel físico, pero pouco a pouco se vai conseguindo recuperar boas sensacións e retomando os adestramentos, aínda que estes días con intermitencias a nivel muscular e microfibrilar na perna esquerda.

Parabéns a todos.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS



viernes, 19 de enero de 2018

IX CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO -7 Xaneiro 2018-

Boa tarde   a tod@s.

Unha clásica nas datas de Nadal,achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro. Gran representación do equipo Aurum.

Saindo de menos a máis pero regulando o esforzo, xa que  sair da rotura toca ir paso a paso.

Percorrido esixente , xa que descorre polos parques e paseos da vila, onde hai partes adoquinadas, pontes, e repechos xeitosos.


Finalmente, o  obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto

Tempo final 42:34, listo pra seguir adestrando.Felicitar a todos os   C.D. Aurum, parabéns a tod@s por ese 2º posto por equipos.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunhas fotos...



jueves, 4 de enero de 2018

XIX “SAN SILVESTRE” CASTRELO -31 Decembro 2017-

 Ola a tod@s

Un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor especial, xa que veñen sensacións encontradas a cabeza, despois da lesión no provincial de San Cibrao.

Boa participación do CD Aurum, destacar o bo nivel de Furi, e lembrando vellas etapas, fainos sentir en plena xuventude.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 26:29 e co premio do chocolate e de empezar un ano novo adestrando.

Para o resto de compañeir@s Aurum, desexo un 2018 de saúde e bos resultados.

                                           Amodiño que hai empezar paso a paso