miércoles, 21 de noviembre de 2018

XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO -18 Novembro 2018-

Bo día a tod@s.

Comezamos unha nova tempada, na nosa San Martiño 2018 , carreira que xa é unha cita obrigada no calendario, para a comunidade atlética.

Consciente que non podo corren a tope das posibilidades, polo momento, tratei de disfrutar, divertirme e facer a carreira o máis levadeira posible, saindo gradualmente de menos a máis rematando o último sector da proba con boas sensacións.
Toca recuperar e coemzar cos adestramentos de calidade, ademáis; boa participación do Clube Deportivo Aurum e foto oficial  co que foi unha fantástica xornada.


      Foto: Tito Picouto

Un saúdo .

martes, 11 de septiembre de 2018

XIIª CARREIRA POPULAR XIª ANDAINA MASIDE -2 Setembro 2018-

Bo día a tod@s.

Comezamos con 15 km despois do verán;  unha cita obrigada no calendario, para retomar o pulso e os adestramentos paso a paso.

Boa participación,xa que desta volta non cadrou con máis probas nesta data do 2 de setembro.

Tempo final 1:19:07 proba rematada , simplemente o obxectivo era ese e listo para comezar a adestrar  novas carreiras para esta tempada 18-19.





Un saúdo.

sábado, 16 de junio de 2018

VII Eurocidade 10 -10 Xuño 2018-

Bo día a tod@s
Sétima edición dunha proba que sempre me gusta participar. Tui - Valença  celebrada o 10 de Xuño de 2018, percorrido urbano  e polos parques da contorna, ademáis da ponte mítica que une as dúas cidades.
 Sendo o comezo da carreira de gran dureza, por saír os 2 ou 3 primeiros km en pendente e por dentro da muralla da fortaleza de Valença.

Tempo final: 38:24 posto na xeral 17º e VTAM-8º , un día para disfrutar e empezar a sentirme cómodo nos 10.000m.