domingo, 12 de enero de 2020

XXI S.SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO -31 Decembro 2019

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor diferente polo sucedido nestas datas de Nadal. Percorrido de 3 voltas de 2,100m cada unha sendo un perfil sinxelo e rápido sen maior dificultade.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 24:41 e desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo. 

Feliz 2020.

XI CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO - 29 Decembro 2019-

Bo día.

Unha clásica nas datas de Nadal achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro.
O obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto.

Tempo final 42:30, a seguir afinando e adestrando, paso a paso. Algunhas fotos...




jueves, 21 de noviembre de 2019

XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO -17 Novembro 2019 -

Bo día a tod@s.

Comezamos unha nova tempada, na San Martiño 2019 , neste caso o punto de partida para adestrar a partir desta proba. Toca recuperar e comezar con adestramentos de calidade, ademáis; boa participación do Clube Deportivo Aurum e bos tempos dos irmáns Torres o cal me alegra moito persoalmente.

Tempo final: 40.12 , sen historia pero contento por disfrutar e toca gastar zapatilla!.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS