miércoles, 29 de diciembre de 2021

XLIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO -14 Novembro 2021 -

 

Bo día a tod@s.

Comezamos unha nova e diferente tempada, na San Martiño 2021 , neste caso o punto de partida para adestrar a partir desta proba. Toca recuperar e comezar con adestramentos de calidade, ademáis; boa participación do Clube Deportivo Aurum e bos tempos dos irmáns Torres o cal me alegra moito persoalmente.

Tempo final: 41.49 , sen historia pero contento por disfrutar e toca gastar zapatilla!. 

PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS

 


 

XIVª CARREIRA POPULAR XIIª ANDAINA MASIDE -26 Setembro 2021 -

 

Bo día a tod@s.

Comezamos con 13 km  e pico despois do verán;  unha cita obrigada no calendario, para retomar o pulso e os adestramentos paso a paso. Gran partipación en todas as categorías e resaltar o bo facer do CD. Aurum.

Tempo final 1:04:54 proba rematada , simplemente o obxectivo era rematar e adicarlle esta proba a nova membra da familia, Valeria. Posto 20º e rematando a proba como 1º local recollendo o primeiro trofeo para ela.

PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS






domingo, 12 de enero de 2020

27 SUBIDA COSTIÑA DE CANEDO -1 Xaneiro 2020-

Bo día

Proba para comezar o ano dun xeito deportivo sendo especial por poder subila na compaña de Maite co simple obxectivo de disfrutar do día a tope en familia. Nun percorrido de 4,2km plenos de subida...

Que este 2020 sexa un ano de saúdo e práctica deportiva para tod@s!

 Tempos finais:  Maite 37:00 e Juan 25:05 .