martes, 19 de abril de 2022

CARREIRA DO VINTEÚN - X CIRCUITO CORRENDO x OURENSE - 3 ABRIL 2022 -

 

Bo día.
Comezamos o circuito do CxOU co obxectivo de ir retomando e sumando entrenos e algunhas carreiras ata chegar ó 22 de maio. Boa participación do equipo Aurum e gran axuda de Patrick durante a carreira que nos serviu a ambos para ir en progresión de menos a máis.Tempo final 25:21, indo a 4 min o km que para non adestrar nada demasiado ben,
parabéns ao equipo.

 
PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 


 

domingo, 9 de enero de 2022

XXIII S.SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO -31 Decembro 2021-

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano con máis gañas despois de parar por mor da pandemia. Percorrido de 2 voltas para completar 5,5 km, sendo un perfil sinxelo e rápido sen maior dificultade.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 21:55 e desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo. 

Feliz 2022.
 
 


 
 
 
 

miércoles, 29 de diciembre de 2021

XII CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO - 19 Decembro 2021-

 

Bo día.

Unha clásica nas datas de Nadal achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro.

O obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, comezar a adestrar, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto. Tempo final 46:40, a seguir adestrando, paso a paso.