lunes, 30 de mayo de 2022

IV MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO -22 MAIO 2022-

 

Bo día
Cuarta edición da Media Maratón Cidade de Lugo celebrada ó 22 de maio de 2022, diferente percorrido que na 3ª edición que consta de 2 voltas de 10 km máis a cola de meta.
Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e facer a primeira media maratón por e para o mellor que pode pasarlle no mundo a unha familia, adicarlla a Valeria.

Saindo de menos a máis facendo cómodo as 2 voltas con forza e os folgos suficientes para rematar a proba en 1:33:52 cruzando a liña canso pero satisfeito de acadar o obxectivo. Agora toca porse en forma paso a paso e sen prisa.


PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 

 





 

martes, 19 de abril de 2022

CARREIRA DO VINTEÚN - X CIRCUITO CORRENDO x OURENSE - 3 ABRIL 2022 -

 

Bo día.
Comezamos o circuito do CxOU co obxectivo de ir retomando e sumando entrenos e algunhas carreiras ata chegar ó 22 de maio. Boa participación do equipo Aurum e gran axuda de Patrick durante a carreira que nos serviu a ambos para ir en progresión de menos a máis.Tempo final 25:21, indo a 4 min o km que para non adestrar nada demasiado ben,
parabéns ao equipo.

 
PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

 


 

domingo, 9 de enero de 2022

XXIII S.SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO -31 Decembro 2021-

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano con máis gañas despois de parar por mor da pandemia. Percorrido de 2 voltas para completar 5,5 km, sendo un perfil sinxelo e rápido sen maior dificultade.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 21:55 e desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo. 

Feliz 2022.