sábado, 22 de febrero de 2014

IV CARREIRA DO COCIDO - LALÍN 16 FEBREIRO 2014

Bo día

Despois de non correr ningunha proba desde o cross de Ribadavia, achegueime ata Lalín para non perder ese nervio, pero sabendo que a batalla polo de agora era rodar a 4:00 o km e máis ou menos cumplín co marcado. Sen olvidar que case estamos en marzo e os km pra o maratón deben estar automatizados nas pernas.

Sen nada máis que destacar, sólo suma e segue pra Abril, haber se chegamos para esas datas en plena forma.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS





Saudos Aurum.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

miércoles, 15 de enero de 2014

PROVINCIAL CROSS RIBADAVIA -12 XANEIRO 2014-

 Bo día a tod@s

Un cross Provincial con moito estilo, algo fantástico xa que o organizou o noso clube, o sábado subimos ata Ribadavia a marcar o percorrido, unhas boas risas sen descoidar o traballo, en boa compañía.

Gran traballo de Club Deportivo Aurum tanto fora de circuito coma no cross, desde o primeiro o último integrante do mesmo.¡ Parabéns xente , bo traballo !

 No que se refire o puramente deportivo salientar que os crosses fanse moi longos, e máis o ser de 8km, dende a miña experiencia, sabía que tiña e debía sair co freno de man tirado, para reservar nas últimas dúas voltas, co obxetivo de non lesionar nada do traballado e recolocado nos días anteriores.

Polo que, tomando de referencia a caras coñecidas, e a Furi compañeiro de equipo, decidin afloxar na segunda volta, pero a partir de ahí me atopei moi cómodo coa técnica de carreira fluída, así subin o ritmo, acabando na liña de meta moi forte cun tempo de 32: 52 , contento, e satisfeito, de novo parabéns AURUM

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS 

Destacar que estreamos a noca equipación, moi chic a par que elegante, a nova dourada do Aurum.






Saudos Aurum.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

lunes, 6 de enero de 2014

XV San Silvestre Castrelo de Miño - 31 Decembro 2013 -

Bo día a tod@s

Non podía faltar, esta mítica proba o día de Fin de Ano en Castrelo de Miño, xa algo tradicional, desde que empecei nisto de gastar zapatilla, naqueles anos mozos jejee, fai 11 anos diso.

O clima respetounos, non choveu, non fixo frío, comparado con outros anos. Pensando que era coma sempre o recorrido da proba, ata que xusto na liña de saída debatiamos Furi, Iván Docampo e eu, do cambio de ruta e da dureza do mesmo, dou fé de que é máis duro, quizáis un dos máis duros dos últimos anos.

En canto os resultados da proba dos compoñentes do Aurum:

    5º-Juan Benito Blanco - 23:55 ( 2º VTM).
  18º-Juan Romero - 25:31 ( 7º SNM).
  22º-Alfredo Ferreiro  "Furi" - 25:49 ( 12º VTM).
  33º-Lalo Gómez - 26:40 ( 10º SNM).
  78º-Jacobo Mosquera - 28:56 ( 18º SNM).
133º-Enrique Hermida - 31:58 ( 33º SNM).

Parabéns a tod@s , resaltando a  J.Benito que acadou un fastástico posto.

Aquí vos deixo as clasificacións completas:

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS
 
                                           
Desta volta, como xa é tradicional, paramos na miña bodega a tomar unhas tazas de viño con uns pinchos. Non estivemos tod@s os que somos, máis ben poucos, agardamos para o próximos ano máis asistencia jejeje.

Espero que Lalo e Furi lle deran o aprobado.

Un forte desexo, saúde, xa que a  partir deste pilar básico acaderemos todo aquelo que nos propoñamos.
FELIZ 2014
Saudos Aurum.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón