domingo, 23 de noviembre de 2014

VIII CARRERA POPULAR CORUÑA 10 5 Octubre 2014

 Bo día a tod@s

Tocaba volver a empezar, de cero, como a canción..., pero esta carreira ten algo especial, polo que sempre que poida tentarei asistir a ela, sexa o estado de forma bo,malo ou regular.

Consciente de que me ía ser difícil seguir ritmos altos, tendo en conta que empecei a adestrar a finales de setembro, o obxectivo marcado era tentar baixar de 4:00 min o km, polo que aceptable o resultado, e con lixeiras molestias, tendo que ser tratado no servizo de fisioterapia da organización. Tempo final 39:23, discreto, pero os comezos son así.

Isto só foi o comezo, dun longo camiño por percorrer, e coa mente en seguir adestrando ben. Resaltar tamén a boa participación de Club Deportivo Aurum, participando nesta proba compañeiros varios; Fon, irmáns Espiña, etc.

Aquí vos deixo resultados Aurum da proba 

66 3079 ROBERTO ESPIÑA FERNANDEZ 00:35:29 00:35:27

73 4015 FRANCISCO JAVIER ESPIÑA FERNANDEZ 00:35:48 00:35:45

158 3080 ALFONSO SOTO GUTIÉRREZ 00:38:02 00:37:57

265 4016 JUAN ROMERO FERNÁNDEZ 00:39:23 00:39:12

1147 3400 ENRIQUE HERMIDA ARMADA 00:46:44 00:45:52


Felicitacións a todos.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS






Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

domingo, 28 de septiembre de 2014

VIII CARREIRA POPULAR MASIDE 2014 -31 Agosto 2014-

Bo día

Gran carreira e gran participación, despois do descanso vacacional, non estamos para ir a ritmos moi altos.
Esixencia máxima para empezar , polo perfil da carreira, contando que ían ser 9km con algo... finalmente nos confirman antes da saída, que son 11km. Tocaba gardar forza para poder resistir toda a carreira dignamente.

Moi contento atopándome mellor do que esperaba, e na foto cun bo atleta e mellor persoa.

 


Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

9ª Xornada XXXI Copa Deputación de Atletismo en Pista 28 Junio 2014

 Bo día

Unha proba na que se trataba de rodar sobre a pista e non sentir dolores nin molestias, más que satisfeito polas sensacións. O resultado neste caso daba igual. Rodando no 1,500m e máis cómodo no 3.000m


 PINCHA AQUÍ PARA VER RESULTADOS


Un saúdo a tod@s.

Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón