domingo, 25 de septiembre de 2016

X CARREIRA POPULAR E IX ANDAINA MASIDE - 18 SETEMBRO 2016-

Bo día a tod@s.

Tras 8 meses de inactividade no atletismo, comezamos rodando os 15 km desta carreira , que xa é unha cita obrigada no calendario, fai uns anos.


Sabendo e sendo consciente que non podo corren nin ó 40% das miñas posibilidades, tratei de disfrutar, divertirme e facer a carreira o máis levadeira posible, saindo despacio e controlando tódalas sensacións físicas de inicio e gardando folgos para os últimos 5 km.

Boa participación, aínda que non tanta coma noutras edicións , por mor a coincidencia con outras probas.

Tempo final 1:17:20 acabando enteiro , e listo pra poder empezar a adestrar paso a paso, sen prisa pero sen pausa.



Algunhas fotos da proba...




Un saúdo a tod@s.


sábado, 2 de enero de 2016

SAN SILVESTRE CASTRELO MIÑO -31 DECEMBRO 2015-



 Hola a tod@s

Cita a que non se pode faltar, pero desta vez un erro grande atreverme a correr, unha por agravar máis o problema de lesión, e outra por non estar en condicións mínimas para correr.

Finalmente, acabei a proba, con dor, agora toca, parar 5/6 meses, tratar de recuperarse e voltar a empezar de cero.

Para o resto de compañeir@s Aurum, desexo un 2016 de saúde e bos resultados, para min agardo ter saúde para recuperarme e voltar si cabe, máis forte que antes.

PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS






Un saludo a tod@s


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

lunes, 16 de noviembre de 2015

SAN MARTIÑO 2015 - 15 NOVIEMBRE 2015-


 Bo día a tod@s

Carreira máis importante de Galicia a nivel popular, e estrea dunha nova tempada de Club Deportivo Aurum. No referente a miña participación, sabedor de estar tocado, e non poder acadar os tempos previstos, decidin sair de menos a máis e conservador para tratar de rematar a proba.

Querendo disfrutar da proba xa que a fin de mes paro os adestramentos e de participar nas carreiras. Vai ser unha tempada de transición para tratar de recuperarse ben de todo.

Tempo final 38:50, sufrindo pero enteiro na liña de meta, obxectivo cumplido.

Parabens a tod@s os integrantes do Aurum que participaron na proba.

PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS

 Algunha foto da proba





Un saludo a tod@s


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.

Recordando como farei sempre a: J.R.I /D.R.R e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón