sábado, 4 de febrero de 2017

XCII CAMPIONATO DE GALICIA CAMPO A TRAVÉS - 29 Xaneiro 2017-

Bo día a tod@s

Cita na que se debe participar, xa que organiza CD Aurum, un marco estupendo na Área Recreativa da Veronza en Ribadavia, que merece a pena calzarse as zapatillas de cravos e disfutar deste marco fantástico.
 No que se refire o cross, o obxectivo individual era ir progresando e sentir a dureza da proba, coa meta de poder rematar e ir sumando km e poder adestrar o volumen previsto neste mes e medio próximo.

En canto a equipos sendo realistas este ano non tiñamos moita opción polo nivel de participantes da proba,pero o resto de compañeiros mostraron un gran nivel tanto Eloy, Miguel Anxo, Furi e Patrick.

Tendo de referencia o tempo de fai 2 anos, era prácticamente imposible mostrar ese nivel físico, pero pouco a pouco se vai conseguindo recuperar boas sensacións e bos adestramentos.

Parabéns a todos os compañeiros.

PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




 

Un saúdo a tod@s

sábado, 14 de enero de 2017

XVIII San Silvestre Castrelo de Miño - 31 Decembro 2016-

 Ola a tod@s

Cita a que non se pode faltar,xa un clásico no calendario, e este ano tiña un sentido e valor especial, xa que veñen sensacións encontradas a cabeza, despois de un ano inactivo, serve para marcar o punto de inflexión, é a volta a adestrar con continuidade.

Boa participación do CD Aurum, pese a organizar o clube a I San Silvestre Ourensá, todo un éxito, por outra banda.

A base pisa forte, e participaron arredor de 14 atletas, nas diferentes categorías, obtendo bos resultados.

Destacar o bo nivel de Furi, e lembrando vellas etapas, fainos sentir en plena xuventude, destapando o tarro das esencias, como ben fixo Furi, colgamos algunha foto de anos anteriores.


Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben sen incidentes, finalizando a mesma en: 31:31 e co premio do chocolate e de empezar un ano novo adestrando.

Para o resto de compañeir@s Aurum, desexo un 2017 de saúde e bos resultados.
PINCHA AQUI PARA IR OS RESULTADOS



                                             Ano 2010, chegada a meta con Furi, lémbraste?


Un saúdo a tod@s

viernes, 23 de diciembre de 2016

VIII CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO - 18 Decembro 2016-

Boa tarde   a tod@s.

Unha clásica nas datas de Nadal,achegándonos ata a vila do Carballiño para correr a Solidaria do Arenteiro. Tamén correron Furi e Javier, os cales demostraron o seu bo estado de forma.

Saindo de menos a máis pero regulando o esforzo, xa que estaba algo cargado debido os adestramentos das semanas previas.

Percorrido esixente , xa que descorre polos parques e paseos da vila, onde hai partes adoquinadas, pontes, e repechos xeitosos.


Finalmente, o  obxectivo era finalizar sen incidentes, seguir sumando km, adestrar ben, e pouco a pouco acadar ese nivel óptimo nos meses de marzo/abril, segundo o previsto

Tempo final 40:51, listo pra seguir adestrando.Felicitar a todos os   C.D. Aurum, parabéns a tod@s.
PINCHA AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS

Algunhas fotos...




 Un saúdo a tod@s