miércoles, 15 de mayo de 2019

III MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO -12 Maio 2019-

Bo día
Terceira edición da Media Maratón Cidade de Lugo celebrada ó 12 de maio de 2019, mesmo percorrido que na 2ª edición que consta de 3 voltas de 7 km máis a cola de meta.
Achegándonos a disfrutar desta carreira co obxectivo de pasalo ben e mellorar os resultados das medias realizadas durante esta tempada. E tentar igualar o tempo do ano pasado sendo consciente de que o volume de adestramentos foi inferior pero con boas sensacións.

Saindo de menos a máis facendo cómodo as 3 voltas con forza e os folgos suficientes para rematar a proba en 1:23:32 cruzando a liña canso pero satisfeito de acadar o obxectivo.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS





jueves, 9 de mayo de 2019

CARREIRA DO VINTEÚN CxOU- 5 Maio 2019-

Bo día.
Comezamos o circuito co obxectivo de seguir os adestramentos ata chegar ó 12 de maio, gran participación do equipo Aurum e gran axuda de Tito na durante a carreira que nos serviu a ambos para ir en progresión de menos a máis.Tempo final 22:57, parabéns ao equipo.
 
PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS




sábado, 27 de abril de 2019

II MEIA MARATONA MATOSINHOS -14 Abril 2019-

Bo día.

Desta volta con ganas de percorrer Matosinhos e as freguesías de Leixoes durante os 21 km da mesma con niveles de dureza polo perfil da proba e a climatoloxía dese día.

Finalmente, o fin desta carreira era afinar e ir collendo sensacións  e voltar a competir para o obxectivo de maio, sendo importante facer algunha proba e non só adestrar. Tempo final 1:30:06.

PREME AQUÍ PARA IR OS RESULTADOS