martes, 24 de enero de 2023

XXIV CARREIRA SAN SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO - 31 DECEMBRO 2022-

 

Bo día.

Un clásico no calendario, e este ano con máis gañas para correr a carreira de cativ@s tamén. Percorrido de 2 voltas para completar 5,5 km, sendo un perfil sinxelo e rápido sen maior dificultade.

Finalmente, o fin desta carreira é divertirse, pasalo ben en familia, finalizando a mesma en: 22:41 no posto 44, desexando saúde e máis saúde para facer deporte para todo o mundo. 

Feliz 2023.
 
 
 


 

jueves, 29 de diciembre de 2022

XIII CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO - 11 DECEMBRO 2022-

 

 Bo día a tod@s.

Proba dura e xa tradicional nestas tempadas todas sabendo que agora o único  obxectivo é participar sen mirar tempos nin adestrar facendo tempo final de 46:06. Seguinte parada San Silvestre de Castrelo de Miño, sen adestrar pero disfrutando deste gran deporte que é saúde.

 PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS

 



 

XLV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO - 20 NOVEMBRO 2022-

 Bo día a tod@s.

 Proba atlética por excelencia que hai que correr sí ou sí aínda sen adestrar sendo consciente que ía custar moito rematala, optando por sair en modo disfrute. Primeiro proba absoluta con un tempo final de 46:58. Logo a proba de cativos co alumnado que se achegou a participar e finalmente a proba máis especial, a inclusiva facendo o percorrido con esa persoa especial que nos cambio a vida.

 PREME AQUÍ PARA IR AOS RESULTADOS

    Foto: Tito Picouto