Quitando eso, estaba preparado a conciencia para esta proba, levaba 4 anos sen disputar ningún maratón, e certo é, que xa tiña moitas ganas.
Tempo final 3:02, obxectivo cumplido, de sobra, e veremonos as caras para o ano próximo, ca ilusión e obxectivo de facer 2h55min ou menos, todo isto se a vida me permite entrenar como este ano.
Tamén participou Orlando, compañeiro de equipo, que para ser o 1º Maratón que corría fixo un máis que bo tempo, 3h24min, felicidades compañeiro, e partir de agora, xa nos veremos con máis frecuencia os días previos das carreiras.
CLASIFICACIÓN SENIOR C.D.AURUM
28º- JUAN ROMERO FERNÁNDEZ 3:02
58º- ORLANDO DE MATOS FERNANDES 3:24
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA C.D.AURUM
103º- J. ROMERO FERNÁNDEZ 3:02
323º- ORLANDO DE MATOS FERNANDES 3:24.
Coma sempre agradecer a Maite o tempo de espera, xa que a paciencia no maratón ten que ser moi alta, e por aguantar estóicamente o mal tempo e intentar sacar fotos da proba, de 10 simplemente a mellor muller do mundo.
Felicitar a Toño, Rojo en especial, e tamén agradecer o apoio durante a proba dos compoñentes do Vía XVIII Maceda, gracias.
Completando esta entrada con máis fotos, as de María Pita que sacou Maite ¿Acordaste Orlando? jeje.
Aquí están:
Este Maratón foi feito na honra de J.R.I.
2 comentarios:
Noraboa compañeiro, polo de agora xa tes o record do club.
Moitas gracias.
Agora toca preparala para o ano próximo se a vida permite entrenar como este ano, e rebaixar tempo, polo menos 10 min tanto polo clima como por entreno, pero paso a paso, vemonos domingo no 21.
Saúdos a tod@s compis Aurum
Publicar un comentario