miércoles, 23 de enero de 2013

XIII CROSS E V CANICROSS BOBORÁS - 20 XANEIRO - 2013

 Gran cita que non se pode deixar de participar, e coa mente posta na preparación do maratón, tentar facer 5 km de quecemento, e completar coa carreira en sí,  os escasos 8 km.

Logo disto , tocou baixar ata o pabellón acabar de rodar e ducharse, moi bo entreno. Resultado final 31:34, chegando no posto 35º. Felicitar a Eloy que a medio gas, acadou chegar no 12º posto.

O remate da proba, como tódolos anos bo ambiente; chocolate e bica, que prestaba co día de frío e choiva que se nos presentou, en xeral moi ben. A única pega, coma sempre, o retraso na saída, pero en fin ..

Saúdos Aurum


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.


Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

jueves, 3 de enero de 2013

SAN SILVESTRE CASTRELO DE MIÑO 2012- 31 DICIEMBRE-

Unha data tradicional do calendario, o final un bo número de participantes , case 300, e con boa sensación, collendo pouco a pouco o punto. Gran participación do Club Deportivo Aurum , sendo un dos equipos con máis atletas achegados a esta proba.

Clasificado no 18º posto na xeral, facendo un tempo final de 28:20, empeorando un chisco o resultado de 2011, xa que daquela foran 27:56. Pero para empezar a afinar non está nada mal. Bo xeito de despedir o ano.

E xa que en Castrelo non tocou viño , paramos na miña bodega a tomar unha taza; Patricio, Nicolás, Mario, Orlando e compañia, os demáis non quixeron viño, polo que o resto tivemos que facer o esforzo de repetir jejeje.

                          Mario, Eu, Orlando, Lalo, Nico e Patricio,




Saúdos Aurum e bo ano para tod@s.


Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.


Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón

martes, 18 de diciembre de 2012

XI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL SAN CIBRAO 2012 - 16 DICIEMBRE-

Carreira fantástica, cita mítica do calendario pola datas de Nadal, que non se pode perder.
Por outra banda, recuperando sensacións despois de tratar de recuperar o sacro ben, e polo menos xa conseguín ir a ritmo decente, aínda que todavía me costa un mundo, pero adestrando tentaremos estar en breve correndo a ritmos bos.

Gran participación do Aurum con Eloy, Lalo , Furacán, e eu entre outros, isto cada día funciona mellor, jeje, proba bañada en auga, pero así nos refrescamos todos.

Tempo final: 33:03 rodando xa a 3,54 de media e algún parcial que dei feito a 3.38 detrás de Lalo, seria como moito 2,5 km, pero bueno algo é algo. Posto final M- 71 e SNM- 39


Satisfeito pero toca seguir mellorando e acadar ritmos de 3,48 e 3.50.

Saúdos Aurum










Agradecer a Maite o seu ánimo e apoio, xa que me inspira e transmite a forza que preciso.


Recordando como farei sempre a: J.R.I  e a D.P.H. Lembrandos na miña cabeza, fai que esten vivos no meu corazón